Sanidade activou en Ourense o plan de continxencia para atender a epidemia da gripe ante o progresivo incremento de casos e actividade asistencial que fan prever un repunte nos vindeiros días.
O plan persegue o obxectivo de avaliar o aumento da demanda sanitaria e adaptar os medios precisos para asumila co incremento coordenado de recursos.
Os profesionais lembran que é unha enfermidade moi transmisible e anque banal na maioria da poboacion, pode xerar graves complicacions en pacientes inmunodeprimidos, de idade avanzada ou enfermedades crónicas ou pluripatolóxicas.
A xerencia ourensá reitera o consello de vacinación de todolos grupos de risco cuha campaña que este ano foi ampliada ate o vindeiro 25 de Xaneiro.
Na tempada 2017 2018 rexistráronse en Ourense 169 ingresos hospitalarios con gripe confirmada e producíronse 8 falecementos derivados da sua complicación.