Monforte na Onda 21/12/2016

Monforte na Onda 21/12/2016

Abrimos o programa de hoxe conversando coa voceira do PP en Monforte, Julia Rodríguez. O músico Iago Cid fálanos do concerto solidario que prepara para este venres. O sumiller Luis Paadín preséntanos a quinta edición da "Guía de viños, destilados e adegas de Galicia" e, entre outros asuntos, repasamos actividade da Asociación de Veciños Eduardo Pondal de A Florida, Mila Fernández.

Monforte na Onda 20/12/2016

Monforte na Onda 20/12/2016

Abrimos programa conversando cunha das grandes embaixadoras da Ribeira Sacra nas redes sociais, Mar López, que vén de publicar un estudo sobre os encalados que locen moitas casas da zona. A novela Premio Planeta 2016 de Dolores Redondo sae en galego. Será presentada o martes 27 en Monforte, falamos delo co director de Xerais, Manuel Bragado. Repasamos actualidade do concello de Bóveda conversando co alcalde, José Manuel Arias. E Beatriz Rois, concelleira de cultura do concello de O Saviñao dá conta das actividades preparadas para o Nadal que estrean este mesmo martes. Son, entre outros, asuntos que ocupan a nosa programación local de hoxe.

Monforte na Onda 19/12/2016

Monforte na Onda 19/12/2016

Repasamos coa concelleira de cultura do concello de Monforte, Marina Doutón, as actividades que se van a desenvolver ao longo do Nadal. Entrevistamos a Emilio Rodríguez da adega Don Bernardino, Premio Excelencia Cervim 2016. Escoitamos a outros protagonistas do acto de confraternidade organizado polo CRDORS e, entre outros asuntos, recollemos balance de ocupación no outono na Ribeira Sacra coa xerente do Consorcio Turístico, Alexandra Seara.

Monforte na Onda 16/12/2016

Monforte na Onda 16/12/2016

Repasamos a actualidade do Val de Lemos. Axenda da fin de semana. Entrevistamos ao alcalde de Monforte e tamén a presidenta da Asociación de Artesáns Terra de Lemos que hoxe inauguran Mercado de Artesania na Praza de Abastos.

Monforte na Onda 15/12/2016

Monforte na Onda 15/12/2016

Falanos no programa de hoxe do traballo de investigación que fixo Diego Iglesias sobre o megalitismo no concello de O Saviñao. Fina Calleja, actriz de Sarabela Teatro, preséntanos o espectáculo que hoxe representan en Monforte. Entre outros asuntos, conversamos co xerente do Centro do Viño sobre a degustación que preparan para o sábado e da cea solidaria organizada a favor de Cáritas.

Monforte na Onda 14/12/2016

Monforte na Onda 14/12/2016

Abrimos programa falando dunha nova iniciativa empresarial que se pon en marcha en Monforte. Repasamos actualidade do concello de Sober conversando co alcalde do citado concello e, ademáis de repasar outros asuntos da actualidade máis próxima, entrevistamos á vicepresidenta da Sociedade Filatélica Miño, sociedade á que pertence a exposición que podemos ver na oficina de Correos en Monforte.

Monforte na Onda 13/12/2016

Monforte na Onda 13/12/2016

O clube Neka segue colleitando triunfos. Ata nove medallas no Campionato de España de taekuondo celebrado en Alicante. Triunfos que repasamos co adestrador José Maria Vega. Outra protagonista a voceira do PP de Monforte, Julia Rodríguez, que esta mañá tomaba posesión do seu escano de Deputada na Cámara Galega. Entrevistamos tamén a Montse Rivera, que achega este venres a Monforte o espectáculo "Cóntoche un traxe" sobre a vestimenta tradicional. Entre outros asuntos, o director do IES A Pinguela, Enrique Sampil, preséntanos o nº 30 da revista que editan no Centro.

Monforte na Onda 12/12/2016

Monforte na Onda 12/12/2016

Abrimos programa escoitando as valoracións que dos orzamentos da Xunta fan os representantes do PSOE da zona. Coa directora xeral de comercio falamos da campaña "Dalle luz á túa factura" que hoxe chega a Monforte. O xerente do CCU fai balance do mercado organizado na Praza de Abastos e repasa próximas iniciativas. O alcalde de Pantón repasa obras que hoxe visita o delegado da Xunta. Co responsable de cultura de A Pobra do Brollón repasamos palmarés dos concurso de tapas e cantos de taberna. Entre outros asuntos, falamos dun acto solidario que promove a adega Vía Romana e o músico Iago Cid.

Monforte na Onda 09/12/2016

Monforte na Onda 09/12/2016

A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago pola Ribeira Sacra presenta este sábado ás 13:15h na oficina de Correos de Monforte de Lemos novo material filatélico promocional do Camiño de Inverno. Falamos desto no programa de hoxe coa presidenta da citada Asociación Aida Menendez Lorenzo pero ademáis falamos do mercado do CCU na Praza de Abastos coa presidenta da Asociación de Comerciantes de Monforte, María José Senra. Falamos da Festa da Pisa da Castaña Seca este sábado en Froxán, do concurso de Cantos de Taberna en A Pobra do Brollón e entre outros asuntos, das actividades que este sábado teñen organizadas en Ribas de Sil.

Monforte na Onda 07/12/2016

Monforte na Onda 07/12/2016

Coñecemos no programa de hoxe como se pon en marcha o novo GDR Ribeira Sacra / Courel. Unha nova empresa turística que se crea na Ribeira Sacra, e entre outros asuntos, atendemos ás actividades que prepara para os nenos o Museo de Casas de Bonecas aberto en Monforte este pasado verán.