Monforte na Onda 05/12/2016

Monforte na Onda 05/12/2016

Coa xefa do parque comarcal de bombeiros buscamos a última hora dos incendios desta fin de semana. Repasamos actualidade do concello de Monforte conversando co rexedor local e entre outros asuntos co vicepresidente da Deputación coñecemos novos programas para a mocidade.

Monforte na Onda 02/12/2016

Monforte na Onda 02/12/2016

Atendemos no programa de hoxe á celebración conxunta do Día Europeo da Discapacidade e facemos balance cun dos organizadores. Coa xefa do parque comarcal de bombeiros repasamos a última hora do incendio rexistrado na rúa da Estrela. Falamos dos festivais solidarios que se preparan en Salcedo e Pantón e entre outros asuntos, conversamos co presidente da Asociación Provincial de Hostalería galardoado onte en Toledo.

Monforte na Onda 01/12/2016

Monforte na Onda 01/12/2016

Entrevistamos á voceira do BNG no concello de Monforte, Pilar López. A educadora da UAD, Luisa Astray, cóntanos como conmemoran o Día Internacional de loita contra o VIH. Falamos coa ilustradora Estefanía Padullés da súa última publicación "Max e Lea" e da actividade que este venres desenvolverá na biblioteca de O Saviñao. E repasamos actividade da Asociación Ruliños coa presidenta deste colectivo, Marta González.

Monforte na Onda 23/11/2016

Monforte na Onda 23/11/2016

Abrimos programa conversando co alcalde do Concello de Monforte de Lemos para repasar, entre outros asuntos, o resultado da entrevista que mantivo onte co Conselleiro de Servizos Sociais. Entrevistamos tamén neste día á nova secretaria da Mesa do Parlamento Galego, á soberina Raquel Arias. E falamos da inaguración da nova empresa cárnica, Gutrei Galicia, que se instala no polígono industrial de Bóveda.

Monforte na Onda 21/11/2016

Monforte na Onda 21/11/2016

O Concello de Monforte de Lemos súmase un ano máis á conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero. No programa de hoxe falamos das actividades programadas coa concelleira de cultura Marina Doutón. Sobre a violencia de xénero quere facer reflexionar a mostra colectiva que se inaugurou no Museo do Pazo de Tor, entrevistamos a unha das artistas, Cristina Vázquez, Crystilandia. Con Sara Fernández da Fundación Semente repasamos proxectos presentados a 3ª edición do Concurso de Ideas Empresariais e entre outros asuntos, abrimos programa con Aida Menéndez, presidenta da Asoc. de amigos do Camiño de Inverno que onte completaron percorrido polo Camiño Portugués.

Monforte na Onda 18/11/2016

Monforte na Onda 18/11/2016

Con Javier Fernández Luaces descubrimos hoxe en Onda Cero Monforte á "Asociación Gallega de coleccionistas y aficionados a las armas de fuego" que preparan campionato esta fin de semana no Campo de Tiro de As Lamas, en Monforte. Con Encarna Lago falamos de "Raices" a mostra contra a violencia de xénero que inauguran este sábado no Museo Pazo de Tor. Falamos co guía do Museo do Ferrocarril de Galicia, Arturo García, que celebra xornada de portas abertas para conmemorar o décimo aniversario. E cita coa gastronomía da man de Manuel Fernández de "Manuel Bistró" que ten en marcha "Xornadas de boi galego". O voceiro da Deputación de Lugo, Alvaro Santos, repasa entre outros, o programa de Termalismo Social que teñen en marcha nos balnerios da provincia. E a deputada socialista Margarita Pérez fala da iniciativa que presenta no Congreso para que se lle dé un novo impulso á declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade.

Monforte na Onda 17/11/2016

Monforte na Onda 17/11/2016

Repasamos actividade da Coral Renfe coa presidenta Pilar Rodríguez. Co profesor Manuel Fernández coñecemos algo máis do Banco de Xermoplasma de maceiras que hai no Centro de Experimentación Agroforestal de Monforte. Humberto Loureiro fálanos da xornada micolóxica que preparan para o domingo no Centro do Viño e, entre outros asuntos, coñecemos algo máis das itvs que se están realizando ás maquinas aplicadoras de productos fitosanitarios.

Onda Cero Monforte 16/11/2016

Onda Cero Monforte 16/11/2016

Este xoves temos teatro en Monforte con Teatro do Atlántico. Para coñecer algo máis desta obra conversamos co director Xulio Lago. Entrevistamos ao escritor Xavier Quiroga que hoxe comparte xornada cos alumn@s do Ies A Pinguela. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, conversamos tamén con Milagros Fernández, presidenta da Asociación de Veciños "Eduardo Pondal".

Monforte na Onda 10/11/2016

Monforte na Onda 10/11/2016

Abrimos programa falando de hospitalización a domicilio co doutor Mouriño que esta tarde participa nun acto que sobre este tema organizou a Plataforma en defensa da sanidade pública en Monforte. Repasamos actualidade de O Saviñao conversando co alcalde do citado concello. Co técnico de cultura do concello de Pantón falamos das actividades que preparan para esta fin de semana e entrevistamos a integrantes da Asociación Os Xoglares de Lemos.

Monforte na Onda 09/11/2016

Monforte na Onda 09/11/2016

Premio María Moliner para as bibliotecas de Sober e o Saviñao polo traballo que realizan para fomentar a lectura. Falamos desto coas bibliotecarias dos dous concellos, Julia Fernández e Mónica Carballo. Co director do colexio dos Escolapios, Pablo Blanco, repasamos a última hora do acto que neste centro prepara Correos para esta tarde. Co musicólogo Xosé Lois Foxo falamos do "Cancioneiro Antropolóxico de Quiroga, Ribas do Sil e montaña do Lor" que ven de publicar, que hoxe presentou en Santiago, e que presenta este sábado en Quiroga. Entre outros asuntos, entrevistamos a Marta García Fajardo, comisaria da exposición que a Fundación María José Jove inaugura hoxe en Monforte.