Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 03/09/2025

Programa completo do 03/09/2025

Manuela Porto

Monforte de Lemos |

Os acios quedan no chan nas viñas da adega Albarellos Hobbs, a máis afectada polos lumes na D.O Ribeira Sacra. Unha situación da que falamos con Cecilia Fernández, enóloga da citada adega. E non todas as adegas están para festas pero no Saviñao prepáranse para celebrar esta fin de semana unha nova edición da Festa da Vendima cunha chea de actividades que repasamos conversando co alcalde Carlos Armesto. Falamos tamén dun obradoiro de de toque manual de campás que se prepara para este domingo na Ermida, no concello de Quiroga, unha iniciativa da que nos dan máis información Rogelio Vieites da Asociación de Campaneiros de Galicia, e o crego Jesús Río Ramilo.