Monforte na Onda 08/11/2016

Monforte na Onda 08/11/2016

Abrimos o programa falando co presidente e o vicepresidente da Asociación de Taxistas do concello de Monforte, Oscar Álvarez e Carlos Casar, sobre a situación do sector e a ordenanza reguladora que piden para este servizo. Repasamos o papel das sociedades recreativas e a actividade do Círculo Victoria co presidente da entidade, Alfonso Díaz e o secretario Julio Rodriguez. O empresario Gonzalo López repasa experiencia de onte no "Faladoiro dos luns" do que participou en Sober. E, entre outros asuntos, conversamos co biólogo Guillermo Díaz sobre lexislación para recolleitar cogumelos e sobre rutas de sendeirismo.

Monforte na Onda 07/11/2016

Monforte na Onda 07/11/2016

No programa de hoxe entrevistamos a Ángel Pérez, director de Correos para Galicia, que prepara para este mércores en Monforte actos de celebración do 300 aniversario deste servizo. Falamos da quinta edición de "Foro Saúde" con Francisca Vázquez voceira da Plataforma en defensa da sanidade pública de Monforte. Repasamos novas propostas da delegación sur da Asociación de Hostalería coa delegada Beatriz Vila. Entre outros asuntos, facemos balance, con Dolores Castro alcaldesa de O Courel, da Festa da Castaña celebrada esta fin de semana.

Monforte na Onda 03/11/2016

Monforte na Onda 03/11/2016

O equipo de goberno do Concello de Monforte de Lemos mantén o seu proxecto para o baixo do antigo hotel Comercio pese ao voto encontra de toda a oposición e de, unha vez máis, reclamarlle a Asociación de amigos do Camiño de Inverno, a través da presidenta Aida Menéndez, que lles deixaran xestionar ese futuro centro de atención aos peregrinos e de interpretación deste camiño. Repasamos no programa de hoxe o que deu de si esta sesión plenaria e conversamos coa voceira do grupo municipal do BNG Pilar López. Falamos tamén da Xornada Técnica de Fruticultura e castes autóctonas de froiteiras que se celebra este xoves no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos, con Ramón Lamelo, un dos organizadores. E achegámonos ao Caurel con Sonia María García para que nos conte algo máis de "O libro do Courel" que onte mesmo se presentaba.

Monforte na Onda 02/11/2016

Monforte na Onda 02/11/2016

Hoxe celebra pleno a corporación de Monforte e repasamos iniciativas presentadas polo PP, conversando coa voceira deste grupo Julia Rodríguez, e coa de Esperta Monforte, Maribel García. Entrevistamos ao fotógrafo portugués Nuno Cardal, que expón imaxes da Ribeira Sacra no Centro do Viño e con Antonio Rodríguez, comisario da mostra. Entre outros asuntos, falamos tamén do incendio que hoxe se declarou nunha palleira de Amandi.

Monforte na Onda 28/10/2016

Monforte na Onda 28/10/2016

Fin de semana por diante con magostos e festas de Samaín como a que preparan en O Saviñao e da que falamos coa concelleira de cultura Beatriz Rois. Con Iván Gómez repasamos programa do "Castañazo Rock". Co escritor e xornalista monfortino Manuel Veiga falamos do libro que presenta hoxe no Centro do Viño e entre outros asuntos, o alcalde de Monforte, José Tomé Roca repasa como lle foi a reunión que esta mañá mantivo co Xefe de Demarcación de Estradas do Estado en Galicia.

Monforte na Onda 27/10/2016

Monforte na Onda 27/10/2016

No programa de hoxe valora campaña de vendimas o presidente da Asociación Galega de Enólogos, Luis Buitrón, e conversamos tamén cun dos veciños da zona da Compañía, José Antonio López Eiriz, que promove un informe que recolle propostas para o Plan Especial. Son entre outros, asuntos que repasamos da actualidade máis próxima.

Monforte na Onda 25/10/2016

Monforte na Onda 25/10/20

O proxecto presentado polo equipo de goberno de Monforte para o baixo do antigo Hotel Comercio non acaba de convencer aos grupos da oposición. No programa de hoxe escoitamos declaracións respecto diso. Co director do Ecomuseo de Arxeriz, repasamos resultados da cuarta campaña de escavacións levadas a cabo no Castro que xa podemos visitar cando vaiamos ao museo. Falamos do desfile solidario que se prepara para o sábado para recadar cartos para a Asociación Ruliños, coa promotora desta actividade e coa presidenta e vicepresidenta da citada asociación e coa doutora Raquel Barbosa, facultativa de medicina preventiva, coñecemos algo máis da campaña de vacinación contra a gripe.

Monforte na Onda 24/10/2016

Monforte na Onda 24/10/2016

Danse oficialmente por rematadas as vendimas na D.O Ribeira Sacra. Finalmente superáronse os cinco millóns e medio de kilos de uva. Facemos balance co presidente do Consello Regulador, José Manuel Rodríguez. Balance fai tamén dos cinco anos que leva funcionando o Tren Turístico Aba Sacra, o seu promotor, Antonio Rodríguez. Neste tempo moveu máis de 25 mil persoas. E entre outros asuntos, no programa de hoxe entrevistamos ao modelo monfortino Adriano López, cada vez máis solicitado para sesións fotográficas de moda, mentres se prepara para desfilar na Gala Benéfica que se está organizando para este sábado en Monforte.

Monforte na Onda 20/10/2016

Monforte na Onda 20/10/2016

No programa de hoxe repasamos as últimas novidades do Consorcio Turístico da Ribeira Sacra coa xerente, Alexandra Seara. Con Aida Menéndez, presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Inverno repasamos actividades que teñen organizadas para os próximos días. Entre outros asuntos, entrevistamos ao presidente do Club Lemos, Antonio Pérez, e ao adestrador da entidade lemista, Jorge Rodríguez.

Monforte na Onda 19/10/2016

Monforte na Onda 19/10/2016

No Día Internacional do Cancro de Mama conversamos co coordinador da Campaña de Detección Precoz na provincia de Lugo o doutor Ángel Usero. E entre outros asuntos da actualidade máis próxima, entrevista ao alcalde de Monforte, José Tomé Roca.