Monforte na Onda 18/10/2016

Monforte na Onda 18/10/2016

Hoxe estréase en Monforte "Os Días Afogados" dentro das actividades da Mostra de Cine do CineClube A Calexa, falamos deste documental co productor Iván Patiño. Repasamos con Gloria Prada, concelleira de Servizos Sociais no concello de Monforte, actividades que van desenvolver cos maiores das parroquias. O actor e director Xoque Carbajal fálanos da obra que trae este xoves a cidade do Cabe e entre outros asuntos, Luisa Astray, educadora da Unidade Asistencial de Drogodependencias repasa seminario que preparan para este xoves coa Escola Galega de Saúde.

Monforte na Onda 17/10/2016

Monforte na Onda 17/10/2016

Promoción inesperada para a Ribeira Sacra unha vez que a gañadora do Premio Planeta 2016 explicou que a novela pola que recibe o premio está ambientada nesta zona. Escoitamos declaracións da autora Dolores Redondo e conversamos sobre este asunto co presidente do Consorcio Turístico, Luis Fernández Guitián. Preguntamos tamén á libreira Ada Agrasar que tal se venden os libros desta escritora na zona. E o Balneario de Augas Santas celebrara o seu décimo aniversario con varias actividades que repasamos conversando co director do establecemento Santiago Villanueva. Coa voceira do grupo municipal do BNG en Monforte, Pilar López, repasamos iniciativas que preparan para o próximo pleno. Son entre outros, asuntos da actualidade máis próxima que repasamos este luns.

Monforte na Onda 14/10/2016

Monforte na Onda 14/10/2016

Abrimos tendo como referencia o informe elaborado por iniciativa do Eixo Atlántico, sobre a situación ferroviaria da provincia de Lugo e conversamos co autor deste documento, o catedrático Miguel Rodríguez Bugarín. Con Alfredo Vázquez e Carlos Cortiñas do Cine Clube A Calexa, repasamos propostas da XV Mostra de Cine de Monforte que se vai celebrar do 17 ao 25 de outubro. E entre outros asuntos falamos con Vanesa Fernández da foliada que prepara en O Saviñao para o día 22 o Colectivo Lucecús.

Monforte na Onda 13/10/2016

Monforte na Onda 13/10/2016

Abrimos o programa de hoxe con Lucía Vázquez que presenta este venres o seu primeiro libro para contribuir á educación emocional dos nenos. A edición foi posible grazas á colaboración dunhas 200 persoas. Entrevistamos ao que foi secretario comarcal da UGT, Mario Docasar, que explica hoxe por qué se deu de baixa na UGT e este mesmo martes converteuse en afiliado de CCOO. E coa bibliotecaria de Sober, Julia Fernández, falamos do colectivo "Lemos Le" e de actividades que preparan para celebrar o día das bibliotecas. Na recta final do programa, tempo para resumir outros asuntos da actualidade máis próxima.

Monforte na Onda 11/10/2016

Monforte na Onda 11/10/2016

No programa de hoxe conversamos co Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, sobre a exposición que adicada a Manuel María visita na Casa da Cultura do Concello de Monforte de Lemos. Con Cheche Real da Apehl Lugo, falamos da xuntanza que hoxe ten en Monforte o Clúster de Turismo de Galicia. Repasamos con Mirian Palmón actividades socioculturais que preparan no Concello de Bóveda. E Gonzalo Herrero da Escola de Música Moderna de Monforte repasa oferta educativa para este curso. Na recta final buscamos a última hora sobre o pleno extraordinario convocado hoxe en Monforte.

Monforte na Onda 10/10/2016

Monforte na Onda 10/10/2016

Abrimos programa conversando coa concelleira de cultura do concello de Monforte, Marina Doutón, que segue organizando actividades relacionadas co ano de Manuel María. A investigadora Monfortina Manuela Sáez prepara nova publicación sobre o VII Conde de Lemos. Hoxe fálanos dese traballo. Rematada a campaña do viñobús vendimas, facemos balance da actividade con Alexandra Seara, xerente do Consorcio Turístico da Ribeira Sacra e con Aida Menendez Lorenzo, presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Inverno, repasamos actos de celebración da oficialidade do Camiño que seguen programando despois do éxito da charla do venres do profesor Paolo G. Caucci.

Monforte na Onda 07/10/2016

Monforte na Onda 07/10/2016

Manter vivos na memoria vellos oficios xa desaparecidos é o fin das recreacións etnogáficas que preparan para este sábado en Vilamor, no concello de O Courel. Falamos destas actividades con Evaristo Méndez, presidente da asociación organizadora. Entrevistamos á voceira de Esperta Monforte, Maribel García, e entre outros asuntos da actualidade máis próxima, lembramos que hoxe arranca o ciclo de charlas, que promove a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago pola Ribeira Sacra, para celebrar a oficilidade da ruta e a responsable da área de cultura da Deputación provincial de Lugo, Pilar García, repasa propostas para esta fin de semana na capitalidade provincial en plenas festas de San Froilán.

Monforte na Onda 06/10/2016

Monforte na Onda 06/10/2016

O Concello de Monforte de Lemos conxela taxas e impostos municipais para o próximo ano. Permitirase pago fraccionado ou aplazar a débeda se supera os 300 €. Falamos desto co alcalde José Tomé Roca. Repasamos novas do concello de Pantón e de Sober e entrevistamos ao actor quirogués Alberte Montes que se estrea hoxe na serie "Augasquentes" e a Pepe Losada, máis coñecido por "Carriola" co que repasamos traballos audiovisuais que fixo sobre concellos da comarca de Lemos.

Monforte na Onda 05/10/2016

Monforte na Onda 05/10/2016

Conversamos co Consejero de Agricultura do Cabildo de Tenerife, Jesús Morales, de visita pola Ribeira Sacra para estudar o modelo enoturístico posto en marcha nesta zona. Falamos tamén con Antonio Vide, encargado da adega Rectoral de Amandi que visita esta medio día a Conselleira de Medio Rural que quere coñecer de primeira man como son as vendimas na D.O. Ribeira Sacra. Con Julia Fernández buscamos a última hora do Campionato de Bridge que están organizando para esta fin de semana en Monforte e iremos ata o colexio público do Concello de O Incio onde os nen@ viven hoxe xornada especial adicada á apicultura. Conversamos coa profesora encargada da actividade Cristina Méjome.

Monforte na Onda 04/10/2016

Monforte na Onda 04/10/2016

Este martes coa historiadora Manuela Sáez e o profesor José Montero Reguera facemos balance do curso universitario que se celebrou no Concello de Monforte de Lemos sobre o VII Conde de Lemos e Cervantes. Beatriz Vila Freire e Ana Sobrino repasan como foi a presenza de E Para Comer Lugo Lugo en La Vuelta Ciclista a España Vuelta a España . Aida Menendez Lorenzo fala do ciclo de charlas de promoción do Camiño de Inverno que inauguran este venres e co alcalde do concello de Quiroga, Julio Álvarez, repasamos ordenanza que elaboraron para as empresas que sacan madeira do término municipal.