Monforte na Onda 03/10/2016

Monforte na Onda 03/10/2016

Depois da homenaxe a Manuel María celebrada o sábado en Monforte hoxe conversamos coa sùa viúva, Saleta Goi. Entrevistamos a voceira do BNG en Monforte, Pilar López, que insiste en que ninguén do grupo municipal abandonará as filas nacionalistas seguindo a senda do ex alcalde Severino Rodríguez. E entre outros asuntos, no programa de hoxe falamos do Museo de Casas de Bonecas que abriu as súas portas o pasado un de xullo. Os promotores, Josela Fernández e Francisco García, cóntannos como lle foi o verán.

Monforte na Onda 30/09/2016

Monforte na Onda 30/09/2016

Promocionar o Camiño de Inverno no ámbito educativo é o obxetivo da andaina escolar preparada para hoxe pola Asociación de Amigos do Camiño de Santiago pola Ribeira Sacra. Escoitamos á presidenta da asociación e algún dos nenos e mestres participantes da iniciativa. Coa académica Margarita Ledo e Manuel Rajo falamos da homenaxe que se fará maña a Manuel María. E entre outros asuntos, con Carlota Álvarez, coordinadora de Afundación, repasamos actos de celebración do Día Internacional das persoas maiores.

Monforte na Onda 29/09/2016

Monforte na Onda 29/09/2016

Abrimos tendo como referencia o curso que se celebra no Parador sobre o VII Conde de Lemos e Cervantes. Escoitamos a unha das relatoras, á catedrática de Literatura Española na Universidade Oriental de Nápoles, Encarna Sánchez. O ex alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, explica por que abandona o BNG, formación na que militaba dende 1995. E apareceu san e salvo o veciño residente en Pantón que estaba en paradoiro descoñecido dende o pasado día 20. Buscamos a última hora conversando co alcalde do citado concello, José Luis Álvarez. Son algúns dos contidos do programa local deste xoves.

Monforte na Onda 28/09/2016

Monforte na Onda 28/09/2016

Abrimos programa este mércores co profesor José Montero Reguera, director do curso que ata o venres se celebra en Monforte sobre "Literatura e Mecenado no século XVII: Cervantes, Don Quijote e o Conde de Lemos". Desto recollemos tamén valoración da historiadora Manuela Sáez e do propio alcalde de Monforte, José Tomé Roca, con quen repasamos outros temas da actualidade local. E na recta final do programa entrevistamos ao responsable comarcal do BNG, Ricardo Rodicio, que confirma a baixa como militante do ex alcalde, Severino Rodríguez.

Monforte na Onda 27/09/2016

Monforte na Onda 27/09/2016

Repasamos pleno celebrado en Monforte e, entre outros asuntos, conversamos coa presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago pola Ribeira Sacra, Aida Menéndez, e coa xerente do Consorcio Turístico, Alexandra Seara, moi satisfeita co éxito da nova campaña do Viñobús vendima.

Monforte na Onda 26/09/2016

Monforte na Onda 26/09/2016

Despois da xornada electoral vivida onte, hoxe toca facer balance de resultados e a iso dedicamos o programa de hoxe. Conversamos coa presidenta provincial do PP, Elena Candia, co cabeza de lista do PSOE, Luis Álvarez, coa número dous de En Marea, Paula V. Verao e coa candidata do BNG, Olalla Rodil. Completamos análise de resultados cos xornalistas Ángel Arnáiz e Carlos Cortés.

Onda Cero Monforte 23/09/2016

Onda Cero Monforte 23/09/2016

O DOG publica no día de hoxe a orde que regula axudas para os viticultores afectados polo pedrazo do día 15 de agosto. Falamos desto co responsable da Axencia Comarcal de Extensión Agraria Iván Vázquez. E entre outros asuntos, pechamos rolda de entrevistas electorais conversando co cabeza de lista do PP por Lugo Francisco Conde.

Monforte na Onda 22/09/2016

Monforte na Onda 22/09/2016

Falamos do festival "As cores de outono" que se prepara en A Pobra do Brollón para este sábado co rexedor local, Xosé Lois Maceda. Co investigador Felipe Castro falamos dos documentos que garda o arquivo do Pazo Molinos de Antero. E, entre outros asuntos, a entrevista electoral de hoxe é co cabeza de lista do PSOE por Lugo, Luis Álvarez.

Monforte na Onda 21/09/2016

Monforte na Onda 21/09/2016

Monforte despide o verán celebrando a tradicional romería de San Mateo. Abrimos programa repasando co alcalde o dispositivo de seguridade posto en marcha no entorno da festa. Conversamos co novo secretario provincial da UGT, Ángel Tomé. E a entrevista electoral deste día é cos candidatos do BNG desta zona sur de Lugo, Mónica Rodríguez e Emilio Sánchez.

Monforte na Onda 20/09/2016

Monforte na Onda 20/09/2016

Mesa informativa na rúa Cardeal da Asociación Afamón, para conmemorar o Día Mundial do Alzhéimer. Abrimos programa falando desto con Manuel Carballedo. Facemos balance da temporada de paseos en barca polo río Cabe con José Luis Saco, do Clube Quixós e, entre outros asuntos, a entrevista electoral do día, coa candidata nº 3 da lista do PP por Lugo, Raquel Arias Rodríguez.