Monforte na Onda 19/09/2016
Monforte na Onda 19/09/2016
Toca hoxe facer balance das moitas actividades da fin de semana como o acto de recoñecemento da oficialidade do Camiño de Inverno que tivo lugar onte en Chantada con moita participación, a exitosa recreación histórica que se celebrou no Muferga, ou das xornadas de bio construción celebradas no Pazo de Tor. Pero ademáis, entrevistamos a quen foi secretario comarcal da UGT os últimos 26 anos, Mario Docasar, que asegura que abandonará o sindicato se desaparece a Unión Comarcal. A entrevista electoral de hoxe é co candidato de En Marea, Luis Villares e encetamos o programa conversando co director monfortino Monfortino, Manuel Valcárcel. O seu documental "Tempo" proxéctase hoxe na estrea da Semana de Cine de autor de Lugo.



