Monforte na Onda 05/09/2016

Monforte na Onda 05/09/2016

Abrimos hoxe programa co investigador Felipe Aira que se encargou onte de dirixir as visitas coas que o concello de Monforte celebrou o "Día Europeo da Cultura Xudía". Entrevistamos á presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago pola Ribeira Sacra que asegura "estar farta da polémica aberta co concello monfortino" e na recta final do programa conversamos co que foi primeiro sumiller de España, Jesús Flores Tellez, que formou parte do grupo de prescriptores que aproveitou a fin de semana para visitar a D.O. Ribeira Sacra. Rematamos con resumo das noticias máis próximas.

Monforte na Onda 02/09/2016

Monforte na Onda 02/09/2016

Temos por diante unha fin de semana chea de actividades que repasamos no programa de hoxe. Entre outras cousas, falamos do Festival de Habaneras co director da Coral Polifónica Municipal de Monforte, Fernando Sanmartino. Co director do Hospital Comarcal, Antonio Acevedo, coñecemos un novo servizo que poñen en marcha a partir da próxima semana de hospitalización a domicilio. Abrimos programa de precampaña entrevistando o cabeza de lista do PP na provincia de Lugo, Francisco Conde.

Monforte na Onda 01/09/2016

Monforte na Onda 01/09/2016

As novas tecnoloxías ao servizo do sector vitícola. Hoxe preséntase en Monforte unha novidosa aplicación para mellorar a xestión nas adegas. Conversamos co director técnico da empresa promotora. A voceira do PP en Monforte adianta iniciativas que preprara para o próximo pleno e, entre outros asuntos, entrevistamos ao presidente da Asociación Amafer que este venres ten preparado acto de homenaxe a unha decena de ex ferroviarios.

Monforte na Onda 31/08/2016

Monforte na Onda 31/08/2016

Repasamos á información máis próxima e no programa de hoxe entrevistamos á Conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, para que nos explique como será o reparto de axudas entre os viticultores afectados pola treboada do pasado día 15. Tamén conversamos con Luís Álvarez, cabeza de lista do PSOE na provincia de Lugo para os próximos comicios autonómicos, que presenta este mércores candidatura en Monforte.

Monforte na Onda 30/08/2016

Monforte na Onda 30/08/2016

Non se instalará monolito conmemorativo da oficialidade do Camiño de Inverno na Praza Doutor Goyanes. Explica hoxe o alcalde de Monforte por qué non se tramitará esta solicitude. Entrevistamos á cabeza de lista do BNG pola provincia de Lugo para as próximas eleccións autonómicas, Olalla Rodil, e membros da Asociación Náufragos do Paradiso, repasan programa do Festival de Música que celebrarán este sábado día 3 de setembro no Parque dos Condes.

Monforte na Onda 29/08/2016

Monforte na Onda 29/08/2016

Abrimos programa repasando o palmarés de FanCine de Lemos co director do Festival, Iván Patiño Alvarez e escoitamos voces protagonistas do mesmo. Entrevistamos a Aida Menendez Lorenzo para falar dos actos que prepara a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago pola Ribeira Sacra para conmemorar a oficialidade do Camiño de Inverno. E, entre outros asuntos, o xerente do CCU Monforte, Ángel Folgueira, fai balance da Feira de Oportunidades e repasa próximas actividades da Asociación de Comerciantes.

Monforte na Onda 26/08/2016

Monforte na Onda 26/08/2016

Abrimos programa entrevistando ao editor Diego López e o subdirector de FanCine de Lemos Reinaldo Pereira que presentan na Feira do Libro o Fanzine "El buque maldito". Falamos coa presidenta do CCU sobre a Feira de Oportunidades que se vai celebrar esta fin de semana en Monforte e o rexedor local fai balance do paso de la Vuelta a España por Monforte.

Monforte na Onda 25/08/2016

Monforte na Onda 25/08/2016

A sexta etapa de La Vuelta a España sae hoxe de Monforte e percorre a Ribeira Sacra. Abrimos entrevistando ao director de La Vuelta, Javier Guillén, e iremos o longo do programa contándolles como está o ambiente na Compañia. Temos a última hora do Festival de Cine que se inaugura esta tarde, e entrevistamos a escritora Margarita Rodriguez que hoxe estará na Feira do Libro asinando a súa última publicación.

Monforte na Onda 24/08/2016

Monforte na Onda 24/08/2016

Este mércores ás 19 horas inaugurase a Feira do Libro na rúa Cardeal de Monforte. Deste evento falamos con Pilar Rodríguez, presidenta da Federación Galega de Libreiros e co pregoeiro do evento, o escritor monfortino Antón Lopo. No espazo que esta semana adicamos a FanCine de Lemos, hoxe entrevistamos ao codirector do festival, Carlos Álvarez, e falamos coa actriz, Sara Casasnovas, integrante do xurado. E na recta final do programa, o alcalde do Concello de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, repasará o dispositivo que se pon en marcha para recibir e despedir a 6ª etapa da Volta Ciclista a España.

Monforte na Onda 23/08/2016

Monforte na Onda 23/08/2016

Última hora de Fancine de Lemos co director do festival, Iván Patiño, e un dos membros do xurado, Moncho Lemos. Entrevistamos a varios dos organizadores da "Recreación Histórica Ferroviaria" que se prepara en Monforte, no Museo do Ferrocarril, entre o 16 e o 17 de setembro e conversamos co secretario da Fundación Xosé Soto de Fión, José Antonio Quiroga, sobre a nova campaña de excavacións de empezaron hoxe no castro de Arxeriz.