Monforte na Onda 22/08/2016

Monforte na Onda 22/08/2016

Abrimos programa conversando coa atleta monfortina Saleta Fernández, que nos fala do ouro olímpico da súa compañeira Ruth Beitia. Entrevistamos ao subdirector de "Fancine de Lemos", Reinaldo Pereira. Por quinto ano consecutivo a Asociación provincial de hostalería promociona a provincia de Lugo con stand propio en "La Vuelta a España", repasamos obxetivos co presidente da Asociación, Cheche Real e conectamos coa volta para ver como lle vai á xente que atende ao citado stand, conversando coa delegada da asociación para a zona sur, Beatriz Vila. E o secretario comarcal da UGT Lemos, Mario Docasar, denuncia a precariedade dos contratos feitos nos últimos meses. Son algúns dos asuntos que repasamos no programa de hoxe.

Monforte na Onda 19/08/2016

Monforte na Onda 19/08/2016

Alberte Montes Fdez estrea monólogo este venres no Concello de O Incio.Conversamos con él para que nos adiante algo do mesmo. Héctor Silva fálanos das "Tardes-Noites Chacuecas" para a promoción da cervexa artesá. Pendentes de outros asuntos da actualidade da xornada, como a presentación da Feira do Libro, entrevistamos tamén no programa de hoxe ao alcalde do Concello de Monforte de Lemos, José Tomé Roca.

Monforte na Onda 18/08/2016

Monforte na Onda 18/08/2016

Abrimos programa entrevistando ao presidente da Asociación que organiza o Festival do Castro, Roi López. Co enólogo Luis Buitrón repasamos situación das viñas de Doade e co presidente do CRAEGA, José Antonio Fernández, falamos da Feira de productos ecolóxicos que mañá inauguran en Monforte.

Monforte na Onda 17/08/2016

Monforte na Onda 17/08/2016

Entre outros asuntos da actualidade máis próxima que repasamos hoxe, seguimos pendentes dos danos nas viñas de Doade e recollemos o testemuño de adegueiros afectados como Guímaro, Algueira, Don Bernardino ou Proencia. Entrevistamos tamén o escritor Santiago Casanova que prepara encontro con lectores para este venres.

Monforte na Onda 16/08/2016

Monforte na Onda 16/08/2016

No programa de hoxe repasamos co presidente do CRDORS e co alcalde de Sober os danos que a forte treboada de onte ocasionou nos viñedos de Doade e coa presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago pola Ribeira Sacra compartiremos acto de recoñecemento oficial do Camiño de Inverno como ruta de peregrinación a Santiago. E aproveitando que remata o campo de traballo que se desenvolveu en Pantón, falamos co director do mesmo.

Monforte na Onda 29/07/2016

Monforte na Onda 29/07/2016

Entrevistamos á delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias e repasamos outros asuntos da actualidade máis próxima que entre outras cousas teñen que ver con novas iniciativas do Consorcio Turístico da Ribeira Sacra para o sector da hostalería.

Monforte na Onda 28/07/2016

Monforte na Onda 28/07/2016

Abrimos o programa de hoxe conversando coa cantante Lucía Pérez que prepara o primeiro concerto das Festas de Monforte para o día 11 de agosto. Entrevistamos a Xosé Lois Foxo, organizador do Filandón de Músicas do Courel, festival que se celebrará o 7 de agosto e cumpre 19 anos de vida e tamén falamos coa voceira de Agroma Sober, Paula Vázquez, de iniciativas que presentarán para debatir en pleno.

Monforte na Onda 27/07/2016

Monforte na Onda 27/07/2016

Entre outros asuntos, no programa de hoxe, repasamos o pleno celebrado en Monforte conversando co rexedor local. Ocupámonos tamén da actualidade pantonesa conversando co alcalde do citado concello e falamos coa pintora que está expoñendo no Círculo Cultural Recreativo de O Saviñao, Ester Cuesta.

Monforte na Onda 26/07/2016

Monforte na Onda 26/07/2016

Para o programa de hoxe falamos da consulta oncolóxica que se pon en marcha no hospital de Monforte, a primeira destas características para un hospital comarcal, co xefe do servizo o doutor Sánchez. Outro médico, o doutor Loureiro, responsable do servizo de dermatoloxía, cóntanos como coidar a pel no verán. Entrevistamos ao alcalde de O Saviñao onde tratan de recuperar o servizo de abastecemento de auga que tivo problemas nos últimos días e falamos tamén do programa de festas de Escairón. E entre outras cousas repasamos proxectos para a "Cova das Choias" co alcalde de A Pobra do Brollón.

Monforte na Onda 22/07/2016

Monforte na Onda 22/07/2016

Entrevistamos ao alcalde de Monforte. Falamos das listas de espera do Hospital Comarcal co director do centro hospitalario. Repasamos actividades da Asociación Cultural "O Colado do Vento" e coñecemos o novo disco de "Os Desviados" conversando co vocalista do grupo.