Abrimos programa conversando cunha das grandes embaixadoras da Ribeira Sacra nas redes sociais, Mar López, que vén de publicar un estudo sobre os encalados que locen moitas casas da zona. A novela Premio Planeta 2016 de Dolores Redondo sae en galego. Será presentada o martes 27 en Monforte, falamos delo co director de Xerais, Manuel Bragado. Repasamos actualidade do concello de Bóveda conversando co alcalde, José Manuel Arias. E Beatriz Rois, concelleira de cultura do concello de O Saviñao dá conta das actividades preparadas para o Nadal que estrean este mesmo martes. Son, entre outros, asuntos que ocupan a nosa programación local de hoxe.