Monforte na Onda 04/01/2017

Monforte na Onda 04/01/2017

Falamos no programa de hoxe de ocupación na Ribeira Sacra durante o Nadal coa xerente do Consorcio Turístico, Alexandra Seara. Repasamos actividade do Círculo Cultural Recreativo de O Saviñao conversando co presidente desta entidade, Enrique Sampil. A concelleira de cultura de Monforte repasa a última hora sobre a Cabalgata deste xoves, e outro tanto facemos coa concelleira de Cultura de Bóveda, Cristina Juiz, co concelleiro Ricardo Rodicio de A Pobra do Brollón e con Javier González, animador sociocultural do concello de Pantón.

Monforte na Onda 03/01/2017

Monforte na Onda 03/01/2017

Seguen pasando a declarar pola comisaria de policía de Monforte implicados na pelexa da noite de fin de ano. Cóntanolo o inspector xefe Juan Mariñas. Repasamos novas do concello de Sober co alcalde, Luis Fernández Guitián e a concelleira de cultura de O Saviñao Beatriz Rois, repasa entre outros asuntos, horarios da cabalgata de Reis. E entrevistamos a Pablo Rodríguez, carpinteiro reconvertido en artesán que elabora pezas con madeira de oliveira que vende por todo o mundo.

Monforte na Onda 02/01/2017

Monforte na Onda 02/01/2017

Abrimos o primeiro programa do novo ano conversando coa atleta monfortina Saleta Fernández que estrena categoría e estará concentrada coa selección nacional ata o día 8. O sindicalista Mario Docasar fai balance do do seu paso a CCOO e repasa expectativas para o 2017 e conversamos coa arquitecta Estel Ortega, premiada por un traballo de rehabilitación levado a cabo en Doade. Son, entre outros, asuntos da actualidade máis próxima que repasamos no programa de hoxe.

Monforte na Onda 30/12/2016

Monforte na Onda 30/12/2016

Abrimos falando da exposición "Efímera" que podemos ver na Praza de Abastos de Monforte este venres. Novidosa iniciativa que repasamos con Michelín Rodríguez, un dos pintores promotores. Facemos balance metereolóxico do ano con Xoán Taboada de MeteoGalicia. E entre outros asuntos, conversamos co "Apalpador" que ten traballo multiplicado estes días.

Monforte na Onda 29/12/2016

Monforte na Onda 29/12/2016

Belén Elisa Díaz Pérez repasa traballo da "Red de Ciudades y Territorios Creativos de España" que o pasado mes de xullo foi fundada en Monforte co patrocinio de Universidad Rey Juan Carlos da que é docente esta monfortina. Unha rede que o pasado mes de novembro premiou o traballo que está facendo o Consorcio Turístico. Co presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, facemos balance do 2016 e, entre outros asuntos, entrevistamos á presidenta da Asociación de loita contra o cancro que se creou en Chantada, a Mª Jesús Rodríguez.

Monforte na Onda 28/12/2016

Monforte na Onda 28/12/2016

No programa de hoxe entrevistamos á escritora Dolores Redondo que onte viviu un intenso día en Monforte e Sober. Repasamos actividade da Fundación Semente con Sara Fernández e Xoque Carbajal de Malasombra Producións fálanos do espectáculo musical que este xoves representan no Multiusos.

Monforte na Onda 27/12/2016

Monforte na Onda 27/12/2016

Falamos co alcalde de Monforte dos presupostos deste concello para o 2017 que foron aprobados no pleno celebrado a última hora de onte. No Pazo Molinos de Antero está xa de volta o retrato do fundador tras ser exposto en Madrid. Cóntanolo o actual propietario. Entre outros asuntos da actualidade máis próxima, repasamos o acto de presentación da edición en galego da novela premiada co Planeta 2016 que contou coa coa presenza, entre outros, da propia escritora.

Monforte na Onda 26/12/2016

Monforte na Onda 26/12/2016

Comentamos co alcalde de Sober, presidente do Consorcio Turístico, a visita da escritora Dolores Redondo. A voceira de Esperta Monforte repasa por qué votará encontra dos presupostos que pasan hoxe a pleno. Falamos da Sociedade Filarmónica co presidente desta entidade que despide ano hoxe co concerto do Trío Moryatov. E coa subdirectora xeral de formación e innovación da Conselleira de Medio Rural repasamos actividade formativa e prevsións para o 2017 no Centro de Experimentación Agroforestal de Monforte.

Monforte na Onda 23/12/2016

Monforte na Onda 23/12/2016

O grupo municipal do BNG no Concello de Monforte de Lemos facilitará no pleno do luns a aprobación dos orzamentos municipais. Por esta decisión preguntamos hoxe á voceira nacionalista Pilar López. Falamos tamén con Nuria Sánchez Vázquez que ven de presentar a súa tese de doutoramento sobre o papel das oficinas de turismo e pedimos a Manuel Biéitez, copropietario da Casa Grande de Rosende, que nos contara como foi o proceso para que unha imaxe desta casa de turismo rural sexa portada da edición en galego da novela pola que Dolores Redondo gañou o Premio Planeta 2016. Son entre outros, asuntos que repasamos no programa deste venres.

Monforte na Onda 22/12/2016

Monforte na Onda 22/12/2016

Un billete do segundo premio vendido por terminal electrónico no Bar Tamanaco en Escairón. Ainda que a sorte foi esquiva co sur de Lugo, aseguran nas administracións que con terminacións e pedreas "recuperarase o xogado". Falamos coa loteira Rocio Blanco e escoitamos á propietaria do Bar do concello do Saviñao. E ademáis de repasar outros asuntos da actualidade deste día, entrevistamos a Dario López e Alejandro Rodríguez, da Asociación Náufragos do Paradiso que preparan Festival Solidario para este venres.