Monforte na Onda 19/01/2017

Monforte na Onda 19/01/2017

Falamos do incendio rexistrado en Monforte esta pasada noite co propietario do inmoble afectado e coa xefa do parque comarcal de bombeiros. Entrevistamos ao presidente da Deputación Provincial de Lugo que esta mañá presentou en Fitur unha nova campaña turística para o conxunto da provincia. Recollemos balance da presentación que fixo o Consorcio e coa alcaldesa de Castro Caldelas buscamos a última hora da tradicional Festa dos Fachós que celebran esta noite. Falamos tamén de iniciativas do Grupo Parlamentario Socialista para rematar coas verteduras nos ríos do sur da provincia.

Monforte na Onda 18/01/2017

Monforte na Onda 18/01/2017

Abrimos programa falando do Entroido Ribeirao con Juan Carlos González, presidente da Asociación de Veciños que se encarga de manter viva esta ancestral tradición. Co director do documental Tempo, Manuel Valcárcel, repasamos palmarés do 2016. Co presidente do Consorcio Turístico da Ribeira Sacra, Luis Fernández Guitián, buscamos a última hora da presentación que van a facer en Fitur. Ademáis da Feira Internacional de Turismo, Madrid acolle nos próximos días Enofusión e neste evento estará presente o CRDORS. Buscamos máis información conversando con Ruth Fernández, técnica do Consello Regulador. E entrevistamos á historiadora Saleta López Vázquez que hoxe falará en Sober dos retablos de varias igrexas soberinas.

Monforte na Onda 17/01/2017

Monforte na Onda 17/01/2017

Falamos da presenza de Ribeira Sacra en Fitur coa xerente do Consorcio Turístico, Alexandra Seara. Co xerente do Centro do Viño, José Ramón Martínez Mareque, repasamos premios da Cata de Viños Patrimonio Ribeira Sacra que se entregan esta tarde. O sindicalista Mario Docasar repasa propostas da negociación para o convenio dos traballadores de FCC en Monforte. E Juan Luis Cortiñas dá conta das doazóns recibidas no Banco de Alimentos, que coordina en Monforte, das distintas iniciativas levas da cabo na zona durante a campaña de Nadal.

Monforte na Onda 16/01/2017

Monforte na Onda 16/01/2017

Repasamos a situación do sector agrario na zona con Mariano López Nieves, secretario comarcal de UUAA. Co xerente da Cooperativa Lemos, José Manuel Rodríguez, falamos da compra de Celega. Repasamos actividades da Asociación de Veciños de O Saviñao conversando co voceiro da citada asociación, Manuel Sarmiento e, entre outros asuntos, entrevistamos á alcaldesa de O Incio, Laura Celeiro.

Monforte na Onda 13/01/2017

Monforte na Onda 13/01/2017

Conversamos co Conselleiro de Economía, Industria e Emprego, Francisco Conde, que participa no Balneario de Pantón dunha xornada con futuros emprendedores. Repasamos novas do concello de Sober conversando co alcalde Luis Fernández Guitián e entrevistamos tamén no programa de hoxe ao adegueiro Pedro Rodríguez que amplia adega e prepárase para novas actividades promocionais.

Monforte na Onda 12/01/2017

Monforte na Onda 12/01/2017

O 2016 foi un bó ano para o Ecomuseo de Arxeriz que prepara novos proxectos que repasamos co seu director, José Antonio Quiroga. De iniciativas que ten marcha a Asociación Prodeme falamos co xerente, Julio Cortiñas e entrevistamos tamén neste día a Cheché Real, presidente da Asociación Provincial de Hostaleria.

Monforte na Onda 11/01/2017

Monforte na Onda 11/01/2017

As novas tecnoloxías ao servizo do sector vitícola. Falamos con Julio Quiroga, da adega Lar de Ricobao, dun novidoso proxecto no que traballan adegas, empresas tecnolóxicas e universidade, entre outros organismos e que agardan poñer en marcha no 2018. Entrevistamos a Alejandro Sousa, urólogo do Hospital Comarcal, que promove unha nova fórmula para evitar infeccións urinarias. Entre outros asuntos, conversamos con David Vázquez, director do documental "Asolagados" cuxas imaxes lembramos estes días ao ver tan baleiro o encoro de Belesar.

Monforte na Onda 10/01/2017

Monforte na Onda 10/01/2017

A soberina Paula Vázquez Verao estréase neste mandato como deputada de En Marea no Parlamento de Galicia. Hoxe abrimos programa local conversando con ela. Falamos de enmendas que presenta o seu grupo aos presupostos da Xunta e tamén do proceso electoral no que está inmersa a formación que representa. Repasamos tamén neste día diversos asuntos de actualidade no concello de Monforte conversando co alcalde, José Tomé Roca. Entre outros asuntos, falamos con Josela Fernández, de novos proxectos que ten en marcha o Museo de Casas de Muñecas.

Monforte na Onda 09/01/2017

Monforte na Onda 09/01/2017

Abrimos o programa de hoxe conversando con Mónica Fernández. Esta quiroguesa é candidata a mellor sumiller nos premios que concede a Academia Internacional de Gastronomía. Co presidente da Federación Galega de Comercio, José M. Seijas, falamos da campaña de Nadal e das expectativas do sector, para a campaña de rebaixas. Entre outros asuntos, a presidenta da Asociación de amigos do Camiño de Inverno, Aida Menéndez, fai balance de actividades realizadas en 2016.

Monforte na Onda 05/01/2017

Monforte na Onda 05/01/2017

O xornalista chantadino Santiago del Valle fálanos do último libro que publicou e da nova expedición que prepara a Perú. Coñecemos algo máis da exposición de fotografía que inaugura Pilar Chaos Rodríguez este venres no Centro do Viño. Repasamos axenda de cabalgatas, o concelleiro de cultura do concello de Ribas de Sil resapa como está San Clodio un ano despois de que lle tocara a varias familias a loteria de Reis e Vanesa Fernández do colectivo Lucecús cóntanos como se preparan para "cantar os reis" esta tarde por Pantón.