Monforte na Onda 02/02/2017

Monforte na Onda 02/02/2017

Hoxe visítanos o doutor Víctor Quevedo, o reumatólogo do Hospital Comarcal, único centro hospitalario de Galicia que participa dun estudo que se vai elaborar a nivel nacional sobre reumatoloxía. Repasamos as pegadas do primeiro temporal do inverno que arrancou unha parte do teito do colexio de Sober. Cóntanolo o alcalde soberino. Falamos dos concursos que prepara o concello de Monforte para as festas do entroido coa concelleira Marina Doutón. Repasamos con Noelia Iglesias actividades do Centro do Viño e con David Vázquez, director de "O Moredo", falamos deste documental que proxecta mañá en Monforte.

Monforte na Onda 01/02/2017

Monforte na Onda 01/02/2017

No programa de hoxe entrevistamos a Iván Quiñoá, un mozo de Sarria, que tras superar un cancro, escribiu un libro que presenta este venres en Monforte. Falamos coa xerente do Consorcio Turístico e co presidente do CRDORS da presenza que ten Ribeira Sacra no Salón Xantar que hoxe se inaugura en Ourense. E atopados os restos que se buscaban en Bóveda na casa que ardeu o luns, remata o operativo de búsqueda. Danos máis datos o alcalde do citado concello e a responsable do parque comarcal de bombeiros.

Monforte na Onda 31/01/2017

Monforte na Onda 31/01/2017

Unha unidade canina incorpórase aos labores de búsqueda do corpo que falta por recuperar entre os restos do incendio de Bóveda. Buscamos a última hora relacionada con este suceso. Repasamos novas do concello de Sober conversando co rexedor municipal. Falamos coa educadora da Unidade Asistencial de drogodependencias que empeza mañá unha campaña sobre a venda responsable de alcohol e o "Rally de Inverno" que arranca este venres en Monforte, é outro dos temas o que atendemos no programa de hoxe conversando con un dos organizadores.

Monforte na Onda 30/01/2017

Monforte na Onda 30/01/2017

Abrimos coa última hora sobre o incendio no que esta madrugada finaron dous anciáns en Bóveda. Suceso que repasamos co rexedor do citado concello. Coa presidenta da Asociación pola Morte Digna adiantamos temas que abordará na charla que vai impartir esta tarde en Monforte. Representantes da Plataforma en defensa da Sanidade Pública valoran os últimos datos das listas de garda no Hospital Comarcal. Falamos co xerente do GDR Ribeira Sacra - Courel que mañá abre prazo para presentar proxectos ao Plan Leader que van xestionar. E entre outros asuntos, conversamos co responsable do sector ferroviario da CGT que alertan sobre novos recortes que estuda aplicar Adif en varias estacións.

Monforte na Onda 27/01/2017

Monforte na Onda 27/01/2017

Conversamos hoxe co presidente do CRAEGA, José Antonio Fernández, sobre a Xornada que celebran hoxe en Monforte sobre a comercialización destes productos. E co alcalde monfortino José Tomé Roca repasamos temas relacionados co Porto Seco ou, entre outras cousas, do circuito de tráfico que habilitaron no novo paseo hacia Piñeira.

Monforte na Onda 26/01/2017

Monforte na Onda 26/01/2017

Reeditado o libro "Cancioneiro de Monforte de Lemos" de Manuel María. Foi presentado a última hora de onte no Centro do Viño e hoxe falamos del co secretario da Fundación Manuel María, Alberte Ansede, participante do citado acto. Repasamos con Paula Vázquez de Agroma Sober, iniciativas que levan ao pleno de hoxe. E entre outros asuntos, tempo tamén para conversar con Manuel Pombal, da compañía "Fulano, Mengano e Citano", sobre a obra que hoxe representan en Monforte.

Monforte na Onda 25/01/2017

Monforte na Onda 25/01/2017

Abrimos programa tendo como referencia o informe que se presentou no concello de Monforte sobre o Porto Seco. Falamos con Iria Aguete, responsable do departamento de banca de reclamador.es, das cláusulas solo e de reclamacións que delas se derivan e cóntanos un representantes do Consello Galego de Enxeñerías, Pedro Calaza, por qué piden á Real Academia Galega de Ciencias a proclamación de Vicente María Vázquez Quiroga coma Científico Galego do 2017. Un ilustre personaxe nado en Samos e que iniciou a súa formación académica en 1808 no Colexio dos Escolapios de Monforte.

Monforte na Onda 24/01/2017

Monforte na Onda 24/01/2017

Preséntase en Monforte un informe sobre o Porto Seco que agardan os promotores sirva de folla de ruta para a posta en marcha do mesmo. Falamos desto con Miguel Rodríguez Bugarín un dos autores do informe. CCOO reclama á Consellería de Medio Rural cambios na política de loita contra o lume e que, ante a seca que padecemos e o incremento do número de lumes, se contrate máis persoal. Cóntanolo Carlos Hermida representante do Comité de Empresa e do citado sindicato. Co director do Colexio dos Escolapios, Pablo Blanco, falamos de novas fórmulas educativas que teñen esta semana en marcha no centro. E o director da Banda de Música de Sober, Miguel Franqueiro, repasa experiencia vivida en Londres onde participou dunha audición para cubrir a praza de tubista da London Symphony Orchestra.

Monforte na Onda 23/01/2017

Monforte na Onda 23/01/2017

Abrimos programa conversando con Aida Menéndez presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Inverno que estrearon este domingo calendario de actividades programadas para este ano e que hoxe repasamos. Outro convidado do programa de hoxe é o director do Hospital Comarcal de Monforte, Antón Acevedo, para facer balance de actividade do pasado ano. E conversamos tamén co presidente do CRDORS, José Manuel Rodríguez, e con Isabel Mijares, da cata presentación que de viños da D.O Ribeira Sacra fixeron esta mañá en Enofusión.

Monforte na Onda 20/01/2017

Monforte na Onda 20/01/2017

Abrimos o programa de hoxe repasando coa voceira do PP de Monforte, Julia Rodriguez, iniciativas que levarán ao próximo pleno ordinario. O alcalde, José Tomé, fai balance de Fitur e con él repasamos outros temas de actualidade municipal. Entre outros asuntos, entrevistamos ao profesor Gabino González do CEIP de Escairón, para coñecer un proxecto que teñen en marcha para fomentar entre os estudantes de 4º da ESO a iniciativa empresarial.