Monforte na Onda 16/02/2017

Monforte na Onda 16/02/2017

Coa celebración do xoves de compadres empeza hoxe o entroido na Comarca de Lemos. Repasamos que compadres hai polos diversos concellos da zona conversando co alcalde de Sober, a concelleira de cultura de O Saviñao e a animadora sociocultural do concello de Bóveda. Tamén neste día entrevistamos ao alcalde de Monforte.

Monforte na Onda 15/02/2017

Monforte na Onda 15/02/2017

Repasamos coa voceria do PP de Monforte asuntos do pleno celebrado onte. O secretario comarcal da CIG alerta sobre a precariedade coa que o concello monfortino sacou a concurso o servizo de axuda a domicilio e entre outros asuntos, no programa de hoxe coñecemos unha nova iniciativa turística que se vai poñer en marcha na Ribeira Sacra potenciando o uso da bicicleta.

Monforte na Onda 14/02/2017

Monforte na Onda 14/02/2017

Famalos coa voceria de Esperta Monforte grupo que pide a peatonalización da ponte vella. Coa xerente do consorcio coñecemos como vai o proxecto de muralización da Ribeira Sacra e unha das artistas que intervirá en Monforte cóntanos que preparan para o mural que pintarán nesta cidade. O presidente do CRDORS fálanos da visita a Enomaq e, entre outros asuntos, entrevistamos á presidenta da Asociación Amarcar que se vén de crear en defensa dos animais na zona sur de Lugo.

Monforte na Onda 13/02/2017

Monforte na Onda 13/02/2017

Preocupación nas ópticas pola subida retroactiva do IVE das monturas que lle quere aplicar Facenda. Coñecemos no programa de hoxe como afectará aos profesionais afincados en Monforte conversando con Sonia González e Zaila Martin. Con Beatriz Vila, delegada da Asociación de Hostaleiros na zona sur, falamos das Xornadas do Cocido que presentan este venres. José Manuel Blanco, alcalde de Priaranza del Bierzo fálanos da reunión que prepara con alcaldes dos concellos polos que pasa o Camiño de Inverno para crear unha asociación. Co asesor Patricio Viveiro falamos das cláusulas solo e da charla que hoxe imparte en Monforte. Entre outros asuntos, conversamos tamén coa atleta Saleta Fernández, ouro en salto de altura no Campionato de España promesa.

Monforte na Onda 10/02/2017

Monforte na Onda 10/02/2017

Abrimos programa entrevistando a Eduardo Vidal, responsable provincial de turismo. A xerente do Consorcio Turístico da Ribeira Sacra, Alexandra Seara, valora a repercusión do programa "Volando Voy" que disparou as consultas na web do consorcio. Entre outros asuntos, con Felipe Castro falamos do oso de Salcedo e da actividade na que participarán esta tarde no Centro do Viño en Monforte.

Monforte na Onda 09/02/2017

Monforte na Onda 09/02/2017

Abrimos con novas relacionadas co sector vitícola:cata de calificación da última colleita da D.O. Ribeira Sacra e actividade formativa na viña experimental de Os Chancís. Entrevistamos a Susana López, unha arquitecta Monfortina que triunfa en Chile e a Javier Flores, urólogo hondureño que triunfa en Monforte. Entre outros asuntos, repasamoss tamén canta xente nesta zona sur podería ser beneficiada da Renda Mínima que reclaman os sindicatos a nivel nacional.

Monforte na Onda 08/02/2017

Monforte na Onda 08/02/2017

Abrimos programa conversando coa "mellor sumiller do mundo" a quiroguesa Mónica Fernández. Entrevistamos á secretaria xeral de igualdade, Susana López Abella, que inaugura hoxe exposición en Bóveda contra a violencia de xénero. Julia Rodriguez, voceira do PP en Monforte, repasa unha nova iniciativa que presenta no concello en relación aos incumprimentos da concesionaria do servizo de auga. Entre outros asuntos falamos dos alumnos de O Ribeiro que fan prácticas na viña experimental de Os Chancís, no concello de Sober.

Monforte na Onda 07/02/2017

Monforte na Onda 07/02/2017

Abrimos programa conversando co profesor Xurxo Ayán sobre a importancia histórica e antropolóxica que teñen celebracións como a do San Brais en Cereixa e en Monforte. Repasamos actividade formativa que se desenvolve no Hospital Comarcal cos doutores Ramón Muñóz e José L.Castro. Entre outros asuntos, repasamos iniciativas do BNG en O Saviñao conversando co responsable local Isidro Rajo.

Monforte na Onda 06/02/2017

Monforte na Onda 06/02/2017

"Os días afogados" suma un novo premio no Festival Miradas Doc de Tenerife. Visítanos con ese novo galardón o productor monfortino Iván Patiño. Falamos de "custodia compartida" con Manolo L. Martínez, membro da comisión que promove unha ILP reclamando a lexislación correspondente. Sobre as axudas da PAC conversamos co xefe de Extensión Agraria de Monforte, Iván Vázquez. Entre outros asuntos, entrevistamos tamén a David Corral, responsable da maior productora de mel de Galicia que cumple 25 anos con proxectos de ampliación en marcha.

Monforte na Onda 03/02/2017

Monforte na Onda 03/02/2017

Falamos da festa do San Brais que se celebra en Monforte co párroco de San Vicente, Dn. Rafael Mella. Co sindicalista Mario Docasar, repasamos datos do paro da zona sur de Lugo. Ana Belén Fernández e Paulino Cadórniga, de Némesis Creaciones, fálannos do premio que lles chegou de Hollywood para o documental da Ribeira Sacra. E entre outros asuntos, falamos do Entroido Ribeirao cos volantes que visitaron este venres os nosos estudos.