Monforte na Onda 02/03/2017

Monforte na Onda 02/03/2017

Repasamos a actualidade máis próxima e entrevistamos á delegada da Asociación de Hostalería. Ás promotoras dunha nova empresa de organización de eventos que se estrena este fin de semana no mercado da Praza de Abastos, e repasamos asamblea do Círculo Cultural Recreativo de O Saviñao, co presidente desta entidade.

Monforte na Onda 01/03/2017

Monforte na Onda 01/03/2017

Facemos balance das festas do entroido coa concelleira de cultura do concello de Monforte. Conversamos coa voceira de Esperta Monforte e con dúas emprendedoras que participan do Coworking que está funcionando en Expo Lemos. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima.

Monforte na Onda 28/02/2017

Monforte na Onda 28/02/2017

Día grande do entroido en Monforte así que buscamos a última hora sobre o desfile conversando con representantes dalgunhas das comparsas participantes. Escoitamos tamén que se prepara para o día grande desta festa en O Saviñao. Co alcalde de Monforte repasamos asuntos do pleno celebrado onte e coñecemos que reclaman as traballadoras do servizo a domicilio conversando co representante da CIG e cunha das traballadoras.

Monforte na Onda 27/02/2017

Monforte na Onda 27/02/2017

Unha das figuras máis singulares do entroido do sur de Lugo, o oso, sairá esta tarde a percorrer as rúas de Salcedo. Falamos desta tradición con Felipe Castro, da asociación de veciños da citada localidade e coa concelleira de cultura do concello de Monforte, Marina Doutón, repasamos como se prepara o desfile de mañá.Entre outros asuntos, entrevistamos a Xosé Manuel López Santos, director do Colexio de Sober os últimos 40 anos, xubílase en agosto e repasa como foi este tempo.

Monforte na Onda 24/02/2017

Monforte na Onda 24/02/2017

Por diante os días grandes do entroido. Repasamos desfiles que se preparan para esta fin de semana nos distintos concellos da zona. Falamos da cata de calificación da última colleita da D.O Ribeira Sacra con un dos integrantes do panel de cata. Entrevistamos ao novo secretario de acción sindical da Federación de Industria de CCOO. Entre outros asuntos, do campionato galego de taekuondo que se celebra o domingo en Monforte.

Monforte na Onda 23/02/2017

Monforte na Onda 23/02/2017

Celebramos xoves de comadres e repasamos que representan algunhas das feitas na zona. Entrevistamos ao adegueiro Pedro Rodríguez que colleita novos éxitos e ao enólogo de Rectoral de Amandi que hoxe presenta no Centro do Viño o primeiro barrica que sacan ao mercado. Conversamos tamén co Director Xeral de Enerxía e Minas de visita no polígono industrial de O Saviñao.

Monforte na Onda 22/02/2017

Monforte na Onda 22/02/2017

Abrimos programa falando da primeira guía que se publica en inglés sobre o Camiño de Inverno. Co responsable do servizo de urxencias do Hospital Comarcal de Monforte coñecemos máis do protocolo Ictus establecido nos centros hospitalarios galegos. Entre outros asuntos falamos do entroido no ensino.

Monforte na Onda 21/02/2017

Monforte na Onda 21/02/2017

Entrevistamos á voceira do BNG en Monforte Pilar López e repasamos premios que veñen de recibir viños e adegas da Ribeira Sacra. Conversamos co director do Instituto Galego do Viño, Xoán Cannas, e con Carlos Fernández de Sílice Viticultores. Na recta final do programa resumimos novas que forma parte da actualidade máis próxima.

Monforte na Onda 20/02/2017

Monforte na Onda 20/02/2017

A aceleradora de empresas que está funcionando na comarca de Lemos encara a recta final da primeira fase. Falamos da actividade da mesma co mentor, Alfonso Martínez. Esperta Monforte insiste na necesidade de peonalizar a ponte vella, explica os motivos Maribel García, voceira desta formación política. Entre outros asuntos da actualidade máis próxima que repasamos no programa, entrevistamos tamén á atleta monfortina Saleta Fernández, medalla de prata de atletismo no Campionato que esta fin de semana se celebrou en Salamanca.

Monforte na Onda 17/02/2017

Monforte na Onda 17/02/2017

Entrevistamos ao actor Antonio Durán "Morris" que esta tarde será nomeado Compadre do "Estase Cocendo". Con Guillermo Díaz, buscamos a última hora do "Trail do Castelo" e entre outros asuntos da actualidade máis próxima, hoxe estreamos espazo da Fundación Tic que nos acompañará todos os venres.