Monforte na Onda 16/03/2017

Monforte na Onda 16/03/2017

O CCU prepara Feira de Oportunidades para esta fin de semana. Cóntanolo o xerente, Angel Folgueira. Polémica en Pantón a conta da recadación do IBI e dunha moción que sobre o tema presentou o BNG. Conversamos con Rosana Prieto Florines, voceira do grupo nacionalista e con José Luis Álvarez, alcalde de Pantón. Entre outros asuntos da actualidade máis próxima, buscamos a última hora da xornada electoral vivida onte no Colexio Novo e no de A Gándara, conversando con María Núñez e Gonzalo Díaz, responsables da dirección dos respectivos centros .

Monforte na Onda 15/03/2017

Monforte na Onda 15/03/2017

Repasamos a información máis próxima e entrevistamos a Javier González que nos presenta o libro que vén de publicar con obras de teatro do entroido de Salcedo "Un pobo de comedia". Conversamos tamén co osteópata Alfonso Crespo.

Monforte na Onda 14/03/2017

Monforte na Onda 14/03/2017

Repasamos a actualidade da xornada e ademáis no programa de hoxe conversamos coa cantante de O Incio Lucía Pérez que empeza a próxima semana un novo reto na súa carreira vencellado ao Camiño de Santiago. Falamos tamén con Elisa Pereira da proposta multidisciplinar que levan a cabo na Ribeira Sacra en Casa dos Muros.

Monforte na Onda 13/03/2017

Monforte na Onda 13/03/2017

Multitudinaria resultou a Feira do Viño celebrada esta fin de semana en Chantada. Repasamos premios da cata co presidente da Asociación Galega de Enólogos. Entre outros asuntos entrevistamos ao director xerente do Hospital Comarcal de Monforte a piques de cumprir catro anos a fronte deste centro hospitalario.

Monforte na Onda 10/03/2017

Monforte na Onda 10/03/2017

Repasamos a actualidade máis próxima ás portas dunha fin de semana con moita animación. Entrevistamos ao alcalde de Monforte e vai tamén no programa de hoxe unha nova entrega do espazo de Norte a Sur.

Monforte na Onda 09/03/2017

Monforte na Onda 09/03/2017

Conversamos coa voceira do BNG de Monforte, Pilar López. O cociñeiro Carlos Javier González Sánchez fálanos da sua participación no Fórum Gastronómico de A Coruña. O adegueiro Xoel Álvarez cóntanos a historia do viño Celeirós que presenta hoxe. Falamos da XXXV Feira do Viño de Chantada que empeza mañá co concelleiro Manuel Diéguez e Artur Trillo e Toño Casais, director e actor de Talía Teatro presentan Ubú Rei, a obra que hoxe representan en Monforte.

Monforte na Onda 08/03/2017

Monforte na Onda 08/03/2017

No Día Internacional da Muller escoitamos a políticos, a mestres a nenos... que participaron da concentración celebrada en Monforte. Entrevistamos a Rosa Cedrón que será pregoeira da Feira do Viño de Amandi e tamén ao músico Xabier Díaz que hoxe estará en Sober convidado por O Trícole. En "Facendo Empresa" coñecemos as propostas comerciais de Genergal conversando co seu responsable, Luis Rodríguez.

Monforte na Onda 07/03/2017

Monforte na Onda 07/03/2017

Repasamos coa concelleira Marina Douton actos preparados en Monforte para conmemorar o día internacional da muller. O Trícole cumpre 20 anos e repasamos a súa historia co presidente e a vicepresidenta da citada agrupación, Xesús Verao e María R.Trigo. Entre outros asuntos, recollemos balance do desfile de entroido celebrado en Pantón este pasado sábado.

Monforte na Onda 06/03/2017

Monforte na Onda 06/03/2017

Presentadas as actividades previas á Feira do viño de Amandi repasámolas conversando co alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián. Coñecemos màis do cartel que anuncia este evento conversando co autor, José Carlos Quiroga. A voceira do grupo municipal do PP, Julia Rodríguez, explica a visita que organizaron ás Clarisas e os Escolapios con dous concelleiros. Entre outros asuntos, falamos da xornada mixta que queren implantar no CEIP Monforte e A Gándara.

Monforte na Onda 03/03/2017

Monforte na Onda 03/03/2017

Unha fin de semana chea de actividades que repasamos no programa de hoxe como desfile de entroido en Pantón, do que buscamos a última hora conversando co técnico de cultura Javier González. E falamos tamén con Juan Luis Méndez, da adega Vía Romana, que saca o mercado o primeiro viño galego con certificado vegano. Co espazo de Norte a Sur facemos repaso á actualidade da provincia.