Monforte na Onda 30/03/2017

Monforte na Onda 30/03/2017

Abrimos programa falando do próximo traballo audiovisual de Némesis. Entrevistamos á voceira do BNG no concello de Monforte. A Valedora do Pobo cóntanos que queixas recolleu na tarde de onte en Monforte e repasamos outros asuntos da actualidade local de comarcal.

Monforte na Onda 29/03/2017

Monforte na Onda 29/03/2017

Hoxe visita Monforte a Valedora do Pobo, Milagros Otero, e aproveitamos para facerlle unha entrevista. Co investigador Felipe Aira falamos do libro que vai publicar sobre xudeos e conversos de Monforte. Conversamos co director do IES Río Cabe e coa profesora de matemáticas e cos alumn@s que van participar este xoves na final autonómica do Rally Matemático. No espazo "Facendo Empresa" hoxe descubrimos Fento: "un paraíso para os afeccionados ao río e á montaña."

Monforte na Onda 28/03/2017

Monforte na Onda 28/03/2017

Repasamos a actualidade máis próxima e entrevistamos ao xerente do Hospital Comarcal de Monforte. Despídese deste centro hospitalario para incorporarse ao Hospital de A Coruña. Co alcalde de Monforte repasamos a situación financeira do concello e outros asuntos do pleno de onte. Outro alcalde co que conversamos hoxe é o de A Pobra do Brollón, repasamos tamén con él acordos do pleno que no citado concello celebraron onte.

Monforte na Onda 27/03/2017

Monforte na Onda 27/03/2017

Abrimos programa conversando co presidente e o vice presidente da Asociación de Taxistas de Monforte que hoxe mesmo estrean novo servizo. Falamos da campaña de micromecenazgo da biopsia líquida, que hoxe chega a Monforte, cunha das investigadoras e entre outros asuntos da actualidade máis próxima, conversamos co xerente do GDR Ribeira Sacra - Courel.

Monforte na Onda 24/03/2017

Monforte na Onda 24/03/2017

Repasamos a actualidade máis próxima e entrevistamos a Xosé García Freire premiado pola Fundación Semente de Monforte, e a Fernando Ibarra e Juan Luis Méndez coa última hora do "Desafío Vía Romana". O vice presidente da Deputación repasa como será o reparto de fondos do Plan Único e a Fundación Tic ofrécenos unha nova entrega "De norte a sur".

Monforte na Onda 23/03/2017

Monforte na Onda 23/03/2017

Abrimos programa conversando coa voceira do PP de Monforte, a deputada Julia Rodríguez ,repasando iniciativas do seu grupo no Parlamento e no concello. Falamos da película que Lois Patiño vai gravar na Ribeira Sacra con él mesmo e co productor Iván Patiño. Co enólogo e adegueiro Roberto Regal coñecemos de que vai o proxecto no que anda metido "Enonatur" e o viño que hoxe presenta en Monforte. Son entre outros, asuntos que repasamos da actualidade máis próxima.

Monforte na Onda 22/03/2017

Monforte na Onda 22/03/2017

Atentos estamos neste día ao tempo e a concentración que USO convocou diante os xulgados de Monforte, entre outros asuntos da actualidade máis próxima. Entrevistamos ao responsable de turismo da Deputación provincial, Eduardo Vidal, ao portavoz do grupo provincial do PP Carlos Armesto, e a xerente do Consorcio turístico Alexandra Seara. E no espazo "Facendo Empresa" coñecemos novos proxectos dos promotores de Casa Reboiro.

Monforte na Onda 21/03/2017

Monforte na Onda 21/03/2017

Falamos no programa de hoxe do aproveitamento turístico da minería aurífera da Ribeira Sacra co arqueólogo Iván Álvarez Merayo. O escritor Xosé Lois García fálanos do libro que hoxe presenta en Monforte. O vicepresidente da Deputación de Lugo, Álvaro Santos, repasa plan de investimentos nos concellos da provincia e entre outros asuntos, coa presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Inverno repasamos actividades desta asociación.

Monforte na Onda 20/03/2017

Monforte na Onda 20/03/2017

Un proxecto de producción integrada de peixes e prantas gaña o III Concurso da Fundación Semente de Monforte. Falamos deste concurso e da Fundación cun dos seus portavoces, Severino Rodríguez. Charlamos tamén neste día cos autores do vídeo e do cartel promocional da XV Feira Medieval que se vai celebrar en Monforte o 15 e 16 de abril. Entre outros asuntos da actualidade máis próxima, facemos tamén balance da Feira de Oportunidades do CCU que trae de novo á cidade do Cabe pista de patinaxe en Semana Santa.

Monforte na Onda 17/03/2017

Monforte na Onda 17/03/2017

No concello de Pantón segue a polémica entorno ao incremento do IBI e ao pleno do pasado martes. Hoxe falamos deste asunto co voceiro do PSOE de Pantón Pedro Rodriguez. Repasamos novas do concello de Sober co alcalde Luis Fernández Guitián e hoxe tamén "De Norte a Sur" coa Fundación Tic.