Monforte na Onda 17/04/2017

Monforte na Onda 17/04/2017

Multitudinaria Feira Medieval a celebrada esta fin de semana en Monforte pechando unha Semana Santa de récord en Ribeira Sacra. Repasamos orixe da Feira cunha das promotoras, a artesá Pilar Rodríguez. En Monforte a festa sigue mañá coa celebración do Martes de Pascua. Falamos coa camareira da Virxen de Monserrat, María Jesús González Díaz. Tamén co alcalde do Concello de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, preparado para renovar voto de devoción á Patrona. Con Ana López de Auxilia falamos da cea de confraternidade que preparan para o día 28 con fin de recadar cartos para a propia Asociación.

Monforte na Onda 12/04/2017

Monforte na Onda 12/04/2017

Repasamos datos de ocupación que se agardan en Semana Santa na Ribeira Sacra coa xerente do Consorcio Turístico, Alexandra Seara e con Noelia Iglesias, da oficina de turismo de Monforte e conversamos con representantes de varios dos espectáculos que forman parte do programa da Feira Medieval como as xustas, o campamento dos Cabaleiros de Ulver ou a cetrería.

Monforte na Onda 11/04/2017

Monforte na Onda 11/04/2017

Repasamos as xestións que se fan para crear un xeo parque na comarca de Quiroga con Martín Alemparte da Asociación que lidera cos concellos esta proposta. Co alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, facemos balance da Feira do Viño de Amandi. Entre outros asuntos, o xolleiro Domingo Pérez fálanos da colección de reloxos que inaugurou no Museo da Ciencia e a Teconoloxía de A Coruña.

Monforte na Onda 10/04/2017

Monforte na Onda 10/04/2017

Abrimos programa conversando con dous dos premiados no I Certame de talla de madeira celebrado en Sober como complemento á Feira do Viño de Amandi, José Antonio Fervenza e Marcos Mariño. Conversamos tamén con representantes das tres adegas premiadas na citada Feira, Don Bernardino, Proencia e Regina Viarum. E falamos da Feira Medieval de Monforte coa concelleira de cultura Marina Doutón.

Monforte na Onda 07/04/2017

Monforte na Onda 07/04/2017

Repaso á actualidade provincial en "De Norte a Sur". A deputada de En Marea, Paula Vázquez, explícanos os motivos da visita que hoxe varios deputados deste grupo realizan a Sober e O Saviñao. Da Feira do Viño de Amandi falamos co alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián e entrevistamos a pregoeira deste evento a cantante Rosa Cedrón.

Monforte na Onda 06/04/2017

Monforte na Onda 06/04/2017

Segue a campaña de asfaltados polas rúas de Monforte. Falamos destes e outros asuntos da actualidade municipal co alcalde, José Tomé Roca. Conversamos co xerente do GDR Ribeira Sacra - Courel, Martin Alemparte, sobre a reunión celebrada onte para analizar proxectos que aspiran a fondos Leader. Con Emilia Díaz, técnica de Evega, falamos da Xornada que sobre o mildio se está celebrando no Concello de Sober e na recta final do programa preguntamos ao deputado do PP Joaquín García sobre os presupostos do Estado.

Monforte na Onda 05/04/2017

Monforte na Onda 05/04/2017

Boas expectativas para Semana Santa en Ribeira Sacra. Repasámolas coa xerente do Consorcio, Alexandra Seara. Conversamos con alumnos do IES Río Cabe que veñen de gañar un premio a nivel nacional, co profesor que os dirixiu e co director do citado Instituto. Falamos co xerente do CCU, Angel Folgueira, sobre a pista de patinaxe que montan na Compañía. Conversamos co senador socialista Ricardo Varela que valora os presuspostos do Estado. O adegueiro Juan Luis Méndez repasa a presentación que farán este xoves en Monforte do viño vegano que elaboran, e entre outros asuntos, no espazo "Facendo Empresa" coñecemos algo máis do proxecto gañador do Concurso Empresarial da Fundación Semente de Monforte.

Monforte na Onda 04/04/2017

Monforte na Onda 04/04/2017

Falamos do paro e do acto que hoxe preside en Monforte o Conselleiro de Economía, Emprego e Industria. Da presenza das adegas da D.O. Ribeira Sacra en Vini Terraes e de próximas citas para os viños desta D.O. Repasamos coa voceira de Esperta Monforte iniciativas que presentan ao pròximo pleno. Entrevistamos a un dos participantes no Certame de Talla de madeira con motoserra que se celebra en Sober e buscamos a última hora do Festival do Casto que anuncia concerto de Sés.

Monforte na Onda 03/04/2017

Monforte na Onda 03/04/2017

O Conselleiro de Sanidade presenta hoxe en Monforte o novo xerente executivo do Hospital Comarcal. É un dos asuntos da actualidade máis próxima que repasamos no programa de hoxe que abrimos entrevistando a Tamara Lebón que hoxe inaugura unha exposición na Casa da Cultura con fotografías das Feiras Medievais de Monforte. Co deseñador Humberto Loureiro falamos da etiquetaxe nos viños e da xornada técnica que sobre este asunto se celebrou o sábado en Sober. O técnico de cultura do concello de Pantón, Javier González, fala da importancia do libro que veñen de reeditar de Isaac Rielo Carballo "Pantón Historia e Fidalguía". Conversamos tamén co alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, que repasa actividades que preparan para a Feira do Viño que van celebrar os días 15 e 16 de abril.

Monforte na Onda 31/03/2017

Monforte na Onda 31/03/2017

Abrimos con repaso á actualidade da provincia no espazo "De Norte a Sur". Falamos do mercado medieval que se celebra esta fin de semana en Monforte. Do acto que En Marea vai celebrar hoxe en Sober sobre o Catastrazo. Da presenza de Monforte na Feira de Abril en Sevilla e entre outros asuntos, do adestramento que o DC Lugo prepara para esta tarde no Campo da Pinguela.