Monforte na Onda 03/05/2017

Monforte na Onda 03/05/2017

Abrimos o programa falando do Club Korbis con Jaime Vázquez membro do equipo directivo. Adicamos o espazo "Facendo empresa" a unha ferretería que leva aberta en Monforte dende 1870. Repasamos como foi o Correlíngua que xuntou en Monforte a preto de 500 estudantes da zona sur de Lugo e Valdeorras. E coa voceira de Esperta Monforte repasamos iniciativas que preparan para o próximo pleno. Son, entre outros, temas que ocupan o programa de hoxe.

Monforte na Onda 28/04/2017

Monforte na Onda 28/04/2017

Repasamos danos ocasionados polas xeadas na Ribeira Sacra conversando cos alcaldes dos concellos máis afectados o de Quiroga e o de Pantón. Preguntamos a un técnico qué facer nas viñas afectadas e entre outros asuntos, escoitamos a denuncia do grupo municipal do PP de Monforte respecto á visita do candidato socialista Pedro Sánchez.

Monforte na Onda 27/04/2017

Monforte na Onda 27/04/2017

Repasamos a actualidade máis próxima que nos fala da visita do candidato do PSOE Pedro Sánchez a Monforte, do novo coworking que se vai poñer en marcha en Expo Lemos, da supresión de prazas no tren nocturno que une Galicia con Ferrol que denuncian dende a CGT, dun novo viño que presenta hoxe Cividade e, entre outros asuntos, dos actos que se celebrarán esta tarde en San Vicente para celebrar o santo da patroa da cidade.

Monforte na Onda 26/04/2017

Monforte na Onda 26/04/2017

Abrimos programa conversando co deputado socialista José Antonio Quiroga da iniciativa presentada no Parlamento sobre a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade. Sobre o incendio de Sober falamos co xefe provincial do servizo contra incendios, Javier Ruíz. O paleontólogo Ignacio Martínez Mendizábal está hoxe no IES da Pinguela falando de Atapuerca, aproveitamos tamén para conversar con él. E espazo para o teatro, entrevistamos á actriz Patricia de Lorenzo do Grupo Chévere que mañá representa en Monforte a obra Fillas Bravas.

Monforte na Onda 25/04/2017

Monforte na Onda 25/04/2017

Visitan a Ribeira Sacra enólogos extremeños e falamos no programa de hoxe coa presidenta da Asociación á que pertenecen e co presidente da Asociación Galega que exerce de anfitriona. Entrevistamos ao alcalde de Monforte co que repasamos acordos do pleno celebrado a última hora de onte. Repasamos actividades do CCU conversando co xerente. Falamos co alcalde de A Pobra do Brollón da Feira do Viño de Vilachá e do proxecto de protección que preparan para a Cova das Choias. Última hora do incendio de Sober e da presenza da D.O Ribeira Sacra en Gourmets.

Monforte na Onda 24/04/2017

Monforte na Onda 24/04/2017

Abrimos programa repasando resultados da Carreira Popular co técnico de deportes. Repasamos asuntos do pleno que hoxe celebra a corporación de Monforte. Entre outros asuntos, a bibliotecaria de O Saviñao repasa historia da farmacéutica Balbina López, á que prepara homenaxe o Colectivo Lemos Le.

Monforte na Onda 21/04/2017

Monforte na Onda 21/04/2017

Cos alumnos da Fundación TIC abrimos programa repasando a actualidade da provincia "De Norte a Sur". Co técnico de deportes do concello de Monforte falamos da IX Carreira Popular que o domingo se vai celebrar en Monforte. Entre outros asuntos, entrevistamos ao presidente en funcións do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez.

Monforte na Onda 20/04/2017

Monforte na Onda 20/04/2017

Abrimos o programa conversando co escritor Antón Lopo que presenta este sábado en Monforte un novo selo editorial "A Biblioteca de Mesopotamia". Falamos co portavoz do Grupo Socialista no Parlamento Galego, Xoaquín Fernández Leiceaga, que presentou iniciativas coas que reivindican a declaración de Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade. O responsable comarcal de UUAA, Mariano López Nieves, confirma que presentarán candidatura no proceso electoral aberto para renovar o CRDORS e piden máis representación para o sector productor. E Pilar Saavedra e Mario Pontón falan do acto de homenaxe á República que preparan para este sábado.

Monforte na Onda 19/04/2017

Monforte na Onda 19/04/2017

Visita Monforte un grupo da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Estella. Falamos co presidente desta asociación e tamén coa presidenta da asociación anfitriona, a do Camiño de Inverno. Repasamos estadísticas que de visitantes en Semana Santa fixo o Consorcio Turístico da Ribeira Sacra. Entre outros asuntos, entrevistamos ao urólogo do Hospital Comarcal Alejandro Sousa.

Monforte na Onda 18/04/2017

Monforte na Onda 18/04/2017

Co investigador Felipe Aira repasamos a orixe da Festa do Martes de Pascua que hoxe celebramos en Monforte. Falamos da nova peza de Gregorio Fernández que se vai a expoñer na Pinacoteca dos Escolapios co xerente da Fundación do Colexio Javier Agudo. Dolores Basanta, coordinadora do programa de detección precoz do cancro colorrectal, fálanos da implantación deste programa nos Centros de Saúde de O Saviñao e Chantada. A atleta Saleta Fernández é outra das convidadas ao programa de hoxe no que tamén entrevistamos ao concelleiro de cultura de Ribas de Sil, que repasa proxectos da Banda de Folk que ten o citado concello.