Monforte na Onda 23/05/2017

Monforte na Onda 23/05/2017

Abrimos programa conversando coa voceira de Esperta Monforte, Maribel García que reclama ao concello a posta en valor dos puntos de interese turístico. Falamos do concurso de tapas que hai en marcha en Monforte cos membros do xurado profesional que percorre estes días os establecementos participantes. E o alcalde de Quiroga danos máis datos da Mostra do Aceite que preparan para o domingo no muiño de Bendilló.

Monforte na Onda 22/05/17

Monforte na Onda 22/05/17

Os socialistas do sur de Lugo tamén apoiaron maioritariamente a Pedro Sánchez, caso da agrupación de Monforte. Repasamos resultados con alcalde, José Tomé. UUAA pide axudas directas para os viticultores afectados polas xeadas. Cóntanolo o responsable comarcal deste sindicato Mariano López Nieves. Co alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, buscamos a última hora sobre o incendio do sábado nunha das fábricas do polígono. Entre outros asuntos, co director de Tempo, Manuel Valcarcel, repasamos a chegada aos cines deste documental sobre o Courel.

Monforte na Onda 19/05/2017

Monforte na Onda 19/05/2017

Repasamos a actualidade máis próxima. Entrevistamos ó alcalde de Monforte, José Tomé, o presidente do CRDORS, José Manuel Rodríguez, á delegada da para a zona sur da Asoc. de Hostalería, Beatriz Vila, á actriz Beatriz Serén, madriña do Cume Tapas e o senador do PSOE, Ricardo Varela.

Monforte na Onda 15/05/2017

Monforte na Onda 15/05/2017

Toca facer balance das actividades da fin de semana como o desfile organizado polo CCU. Repasámolo conversando co xerente da asociación de comerciantes, Ángel Folgueira e co presentador do evento, Antonio Espigares. Entrevistamos ao escritor e cantautor monfortino Antón Valcarce que presenta este martes un novo libro. Falamos co alcalde de Quiroga do Xeoparque que pretenden poñer en marcha na comarca e, entre outros asuntos, recuperamos a conversa que Julia Otero mantivo na tarde do venres co cineasta monfortino Dani de La Torre.

Monforte na Onda 12/05/2017

Monforte na Onda 12/05/2017

Falamos co profesor Miguel Zugasti autor dun libro que hoxe se presenta en Monforte e que recolle un manuscrito do século XVI con pezas de teatro encargadas para unha visita do Cardeal Rodrigo de Castro o Colexio de Nosa Señora da Antiga. Buscamos a última hora da Mosta dos viños de Pantón conversando co alcalde do citado concello. Entrevistamos tamén a Antón Lopo, pregoeiro deste evento. Co presidente da Sociedade Filarmónica, Antonio Prado, repasamos concerto que preparan para esta tarde.

Monforte na Onda 11/05/2017

Monforte na Onda 11/05/2017

O "HUMOR DO PAÍS" de Luis Davila no Museo Pazo de Tor. Falamos coa coordinadora da Rede Museística Provincial Encarna Lago. Con Mari Fé Ramírez repasamos a convocatoria que teñen en marcha para "pescar lixo" no río Sil. Falamos da Pasarela Monforte Monumental que prepara o CCU Monforte para este sábado, coa presidenta e o xerente desta asociación de comerciante, María José Senra e Ángel Folgueira, e con Antonio Espigares presentador do evento. Entre outros asuntos, coñecemos algo máis das características do viño "Demo" que hoxe será presentado no Centro do Viño da Ribeira Sacra.

Monforte na Onda 10/05/2017

Monforte na Onda 10/05/2017

Falamos coa presidenta de Pladesapu, Francisca Vázquez, de Forosaúde que empeza hoxe cunha charla sobre o ICTUS. En Pantón estará o enxeñeiro agrónomo Francisco Rego para falar de como recuperar o viñedo danado polas xeadas. Entrevistámolo para que nos adiante algunha recomendación. Conversamos con Artur Trillo de Talía Teatro que este xoves representan en Monforte a obra "Foucellas" e no espazo "Facendo Empresa" facemos historia de Sondeos Monforte co actual propietario David Morales.

Monforte na Onda 09/05/2017

Monforte na Onda 09/05/2017

Falamos da exposición que sobre escritores do Val de Lemos podemos ver na casa da cultura de Monforte con Xosé Martínez, promotor da mesma. Entrevistamos ao profesor Xurxo Ayán que recolleu en Zamora un premio ao documental que gravaron coas escavacións feitas o pasado verán en Cereixa. Repasamos a historia do grupo Aba Taano, que este mércores ten actuación en Monforte, coa directora do mesmo. Entre outros asuntos da actualidade máis próxima, falamos da obra que hoxe representa o grupo de teatro do Colexio Novo coa directora do grupo Paqui Abeledos.

Monforte na Onda 05/05/2017

Monforte na Onda 05/05/2017

O concello de Sober decreta solicitar zona de emerxencia para os viñedos afectados polas xeadas. En Marea prepara iniciativas para que non se supriman líneas de bus na zona sur. O hospital comarcal súmase á campaña para reforzar a cultura da hixiene de máns. Son algunhas das novas que forman parte da actualidade máis próxima nunha xornada na que repasamos actividade municipal do concello de Monforte entrevistando ao alcalde, José Tomé Roca. Os alumnos da Fundación Tic cóntannos como foi a semana de Norte a Sur.

Monforte na Onda 04/05/2017

Monforte na Onda 04/05/2017

Un 70% da zona do viñedo de Pantón foi danado polas xeadas da pasada semana. A corporación municipal acordou hoxe solicitar a declaración de zona de emerxencia. Falamos desto no programa de hoxe no que repasamos programas das feiras que adicadas ao viño se van celebrar en Pantón e en Vilachá de Salvadur. Co director do Coworking de Expo Lemos buscamos a última hora sobre a posta en marcha da segunda fase desta aceleradora de emprego. Falamos da festa dos maios coa concelleira de cultura do concello de Monforte. Entre outros asuntos, conversamos co presidente da Peña Celtista do Val de Lemos a piques de saír con 80 socios cara Vigo para disfrutar do histórico partido do Celta.