Monforte na Onda 14/06/2017

Monforte na Onda 14/06/2017

Abrimos programa falando cun dos responsable da adega Fedellos do Couto que elabora na Ribeira Sacra "un dos mellores viños do mundo". Repasamos co xerente do CCU novas actividades que teñen en marcha para esta fin de semana. Un dos representantes de Anova Lemos explícanos por qué non secundan a concentración que hai convocada mañá en Monforte. Falamos da temporada de paseos en barca polo Cabe que se inauguran este xoves. Entre outros asuntos, repasamos a campaña de recollida de doazóns que Cáritas prepara para mañá en Monforte e co Deputado Pablo Rivera coñecemos algo máis do Plan Único.

Monforte na Onda 07/06/2017

Monforte na Onda 07/06/2017

Abrimos programa co espazo "Facendo Empresa" que adicamos hoxe á escola de equitación Falabella. Conversamos con Javier Luengo que cata viños da Ribeira Sacra para a Guía Peñín. Entre outros asuntos, repasamos programa de festas do barrio de San Antonio con Mon López, da comisión organizadora.

Monforte na Onda 06/06/2017

Monforte na Onda 06/06/2017

Aproveitamos as vacacións en Monforte da arquitecta Susana López para que nos fale do premio que recibiu en Chile. Con ela abrimos o programa deste mércores no que conversamos tamén coa directora xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, Ana María Díaz, para coñecer algo máis do programa que van a poñer en marcha para favorecer o asentamento de osos no Courel. Co profesor Antonio Cortiñas do IES O Ribeiro, falamos das prácticas que alumnos do citado centro fixeron hoxe na viña experimental que ten o Concello de Sober nos Chancís. E entrevistamos a Manu Rodríguez López, responsable da Tapería Brancellao, primeiro premio do Cume Tapas Monforte.

Monforte na Onda 05/06/2017

Monforte na Onda 05/06/2017

Abrimos programa conversando coa adestradora do Club Voleibol Ribeira Sacra, Verónica Contreras, premio ó mellor club do 2016 na Gala do Deporte de Monforte. Beatriz Vila, delegada da Asociación de Hostalería repasa premios do Cume Tapas. Con Isabel Mijares, vicepresidenta da FIJEV, falamos dos viños premiado na Cata de Viños da D.O Ribeira Sacra e do recoñecemento que lle veñen de outorgar ao Consello Regulador. Recollemos balance da Festa da Cereixa e do Aceite celebrada en Ribas de Sil e, entre outros asuntos, do incendio na pranta de recollida de residuos da construción falamos con Juan Rilo, director de Recenor, a empresa xestora.

Monforte na Onda 02/06/2017

Monforte na Onda 02/06/2017

Abrimos programa co espazo da Fundación Tic "Lugo de Norte a Sur". Conversamos coa autora do cartel que vai anunciar o Festival do Viño do Ribeira Sacra. Co técnico de deportes do concello de Monforte falamos da Gala que se vai celebrar esta tarde na Casa da Cultura. A xerente do Consorcio Turístico repasa como foi o voo en globo esta maña polo Miño e entrevistamos a un dos organizadores dun novo proxecto cultural que se vai celebrar en diversos puntos da Ribeira Sacra do 28 o 30 de xullo.

Monforte na Onda 30/05/2017

Monforte na Onda 30/05/2017

Con polémica rematou o pleno celebrado en Monforte. Falamos do mesmo co alcalde e escoitamos tamén ás voceiras da oposición. Loito en Sober trala morte do empresario Berlarmino Fernández Iglesias. Falamos del co alcalde Soberino. O equipo de Rober Parker cata viños da Ribeira Sacra para o próximo número da súa guía. Recollemos as primeiras valoracións. E co alcalde de Quiroga repasamos a situación na que se atopa o túnel romano de Montefurado para o que piden protección a Patrimonio.

Monforte na Onda 29/05/2017

Monforte na Onda 29/05/2017

Santi Millán, Arturo Valls e David Bustamante farán en xullo o Camiño de Inverno. Cóntanolo a presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago pola Ribeira Sacra, Aida Menéndez. Coa voceira do BNG no concello de Monforte, Pilar López, repasamos iniciativas que levan ao pleno de hoxe e entre outros asuntos, coñecemos programa da Festa da Cereixa de Ribas de Sil conversando co responsable de cultura do citado concello Roberto Castro.

Monforte na Onda 26/05/2017

Monforte na Onda 26/05/2017

Abrimos programa repasando actualidade da provincia no espazo "Lugo de Norte a Sur". Conversamos coa alcaldesa do Courel, Lola Castro. Anxo Moure danos conta da actividade promocional da Praza de Abastos monfortina que preparan para este sábado. Con Ramón Rodríguez falamos da Festa da cereixa e do viño que se prepara en Belesar nunha fin de semana na que se celebran moitas outras actividades que repasamos.

Monforte na Onda 25/05/2017

Monforte na Onda 25/05/2017

Falamos coa historiadora Flora Enríquez das Xornadas do Románico de Pantón e da charla que teñen organizada para este venres. Entrevistamos á portavoz nacional do BNG Ana Pontón, que ten hoxe unha intensa xornada pola Ribeira Sacra. Co director do Conservatorio Municipal de Música, Fernando Sanmartino, falamos do Concerto de Debutantes que preparan para hoxe coa Sociedade Filarmónica e coñecemos a historia do viño que hoxe será presentado no Centro do Viño de Monforte.

Monforte na Onda 24/05/2017

Monforte na Onda 24/05/2017

Hoxe entrevistamos ao delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, novo presidente da Fundación dos Ferrocarrís. Álvaro Santos, vice presidente da Deputación de Lugo repasa actividades do organismo provincial. Coa coordinadora da Ruta do viño da Ribeira Sacra, Marta Villén, falamos das actividades desta fin de semana dentro das Xornadas de portas abertas. No espazo "Facendo Empresa" hoxe falamos de "Gula Gula".