Monforte na Onda 17/07/2017

Monforte na Onda 17/07/2017

Abrimos programa con Montse Pardo da Panadería da Estación onde elaboran unha empanada xigante para despedir as Festas do Carmen. Escoitamos á Conselleira do Medio Rural que presentou en Bóveda o proxecto de aproveitamento de terras agrarias que van poñer en marcha na comarca de Lemos. Conversamos co director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense que onte estreou en Monforte o Himno da Ribeira Sacra para clausurar o Festival do Viño do que tamén falamos neste programa no que entrevistamos aos responsables das adegas Finca Míllara e Cachín.

Monforte na Onda 13/07/2017

Monforte na Onda 13/07/2017

Abrimos programa conversando coa voceira de Esperta Monforte que lamenta que no concello se sigan empregando herbicidas. CIG-Saúde denuncia a falta de tres especialistas no Hospital Comarcal e que non se cubran vacantes en centros de saúde como o de Chantada. Co alcalde de Sober falamos do observatorio de aves que habilitaron no Boqueiriño e co de Bóveda da Feira Outrora que celebran mañá en Rubián. Entrevistamos a Mar Medina unha das restauradoras das pinturas de Santa María de Nogueira e con Anxo Moure repasamos as actividades que para os nenos terán lugar no Festival do Viño da Ribeira Sacra.

Monforte na Onda 27/06/2017

Monforte na Onda 27/06/2017

Aprobada a moción de reprobación presentada ao alcalde do Concello de Monforte de Lemos. Falamos desto no programa de hoxe no que entrevistamos a Quique Rodríguez, director técnico do xurado do Concurso de Tapas de Monforte. Conversamos co director do IES A Pinguela, Enrique Sampil e co alumno Daniel Noguerol, que participou dun dos Erasmus que oferta este centro educativo.

Monforte na Onda 26/06/2017

Monforte na Onda 26/06/2017

Abrimos programa conversando co director do Ecomuseo de Arxeriz, José Antonio Quiroga. Repasamos novas do sector vitícola co presidente en funcións do Consello Regulador da D.O Ribeira Sacra, José Manuel Rodriguez. Entre outros asuntos, conversamos tamén co alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián.

Monforte na Onda 23/06/2017

Monforte na Onda 23/06/2017

Festas de San Xoán no barrio de Os Chaos. Falamos con Carlos Vázquez, da comisión de Festas e, entre os asuntos da actualidade máis próxima que repasamos no programa deste venres, está o acordo do Consello Comarcal do BNG que reclama as actas de concelleiros os ediles que abandonan esta formación política. Conversamos co responsable do Consello Comarcal, Ricardo Rodicio. E con Iván Patiño falamos da cuarta edición de Fancine de Lemos que adianta celebración este ano ao mes de xullo.

Monforte na Onda 22/06/2017

Monforte na Onda 22/06/2017

A falta de vocacions relixiosas obriga a facer cambios na Comunidade Escolapia de Monforte. Falamos desto co Pai Javier Agudo, representante da Titularidade para os centros de ensino e xerente da Fundación do Colexio da Nosa Señora da Antiga. Conversamos co alcalde de Monforte, José Tomé Roca, que entre outros asuntos valora a moción de reprobación que lle presentou a oposición. E co director do IES Daviña Rey, Isaac González, falamos do novo ciclo formativo de educación infantil que van a poñer en marcha no próximo curso.

Monforte na Onda 21/06/2017

Monforte na Onda 21/06/2017

Abrimos programa conversando co director do Museo do Ferrocarril. Falamos da concentración convocada esta mañá diante o Colexio dos Escolapios. Da campaña de regadío que hoxe empeza no Val de Lemos e da última hora dos catro concelleiros escindidos do BNG que continuarán coas súas actas.

Monforte na Onda 19/06/2017

Monforte na Onda 19/06/2017

Este luns buscamos balance da Noite Branca do CCU Monforte conversando coa presidenta María José Senra e co xerente, Angel Folgueira. Entrevistamos a Juan Baustista Vázquez, presidente da Asamblea Local da Cruz Vermella, homenaxeado no encontro de voluntarios celebrado o sábado en Monforte. Repasamos novas do concello de A Pobra do Brollón co alcalde, Xosé Lois Maceda. Con Luis Risco, da Fundación "Vicente Risco", repasamos actividades que teñen en marcha para fomentar un achegamento cultural entre a zona de O Douro e a Ribeira Sacra e Keka Ramírez de SilTrip cóntanos como foi a campaña de recollida de lixo que levaron a cabo polo río Sil este pasado sábado.

Monforte na Onda 16/06/2017

Monforte na Onda 16/06/2017

Resumimos o que deu de sí a concentración celebrada onte en Monforte que trouxo consigo a división do BNG. Xosé Ramón Martínez Mareque falounos de “Expocidades”, a Mostra de Turismo do Eixo Atlántico que se celebra na cidade portuguesa de Vila Real, e tamén nos informou da actividade que hoxe rexistra o Centro do Viño da Ribeira Sacra na xornada “O Douro na Ribeira Sacra”. Manuel María López, responsable de comunicación da Cruz Vermella para a provincia de Lugo, contounos os detalles da celebración en Monforte do “XX Encontro de Voluntariado de Cruz Vermella en Galicia”, e a atleta monfortina Saleta Fernández falounos das súas sensacións ó ser convocada pola selección española absoluta. Entre outros asuntos da actualidade máis próxima que repasamos tamén no programa de hoxe.

Monforte na Onda 15/06/2017

Monforte na Onda 15/06/2017

Catro dos cinco ediles do BNG en Monforte presentan a súa baixa no partido, aínda qué, polo de agora, non renuncian ás súas actas de concelleiros/as. O único que se mantén no grupo é Emilio Sánchez, responsable local do BNG. Conversamos co edil que queda no grupo e coa que era ata hoxe voceira do BNG no Concello de Monforte de Lemos Pilar López. Conversamos tamén neste día co alcalde monfortino, José Tomé Roca. Repasamos novas do Concello de Pantón, co rexedor José Luis Álvarez. E coa presidenta do Clube Fluvial de Monforte, Luisa Vázquez, falamos da temporada que hoxe estrean..