Monforte na Onda 03/08/2017

Monforte na Onda 03/08/2017

Falamos coa delegada da Asociación de Hostalería dos premios do CumeTapas que se entregan esta tarde. A educadora da Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte preséntanos a campaña de sensibilización que poñen en marcha sobre a normativa relacionada co consumo de tabaco. Coa presidenta da Asociación de Veciños de A Florida falamos da festa que preparan para este venres. Repasamos actividades do Museo Casas de Muñecas. Con Roberto Vila do libro que presenta maña. Entre outros asuntos, tempo tamén para as festas da capitalidade de O Saviñao que empezan o sábado.

Monforte na Onda 02/08/2017

Monforte na Onda 02/08/2017

Alumnos do Colexio dos Escolapios de Monforte participaron do FanCine de Lemos coa súa propia curtametraxe "Olvidados". Falamos da experiencia co profesor Javier Saco e con Sofía Fouces, unha das guionistas. E tamén con Anabel Soto, alumna deste centro e que no Fantafesti, ademáis de colaborar cos seus compañeiros, estreou o seu propio traballo. Co editor José María Lago, falamos do libro "Gran sonata para escudos decadentes, oscuras soledades y un clave" de Juan Martínez de la Vega, da familia dos Marqueses de Bóveda. De la Vega, finou recentemente, xusto cando preparaba a presentación desta novela histórica na que repasa a súa biografía e á que adicou os últimos dez anos da súa vida. Con Keka Ramírez, de SilTrip repasamos perxuizos que trae consigo a baixada de caudal no encoro de Santo Estevo e, entre outros asuntos, repasamos novas do concello de Pantón, conversando co alcalde José Luis Álvarez.

Monforte na Onda 01/08/2017

Monforte na Onda 01/08/2017

Rematamos programa repasando pleno celebrado en Monforte pero antes conversamos con José Manuel Parada, que será pregoeiro das Festas Patronais. Con Carlos Montilla, director do Festival 17º Ribeira Sacra, facemos balance do evento. Conversamos tamén con Pepe Losada "Carriola" sobre o traballo promocional que da zona fai cos seus vídeos.

Monforte na Onda 31/07/2017

Monforte na Onda 31/07/2017

Recollemos balance de Fancine conversando co director do festival, Iván Patiño tamén entrevistamos aos membros do xurado, a actriz Iolanda Muiños, o actor Borja Luna, e a escritora Elena Gallego e o ilustrador Mo Caró. E desconvocada a folga que se convocara a partir do día 7 de agosto, buscamos a última hora do acordo acadado entre a empresa e os traballadores conversando co representante sindical, Mario Docasar.

Monforte na Onda 28/07/2017

Monforte na Onda 28/07/2017

Abrimos programa conversando cunha das integrantes do grupo Searas que actuará esta tarde en Sober. O secretario da Fundación Xosé Soto de Fión fálanos do proxecto que teñen para construir un albergue para peregrinos na antiga escola de Arxeriz. Repasamos temas de actualidade en Monforte co alcalde. Entre outros asuntos falamos da constitución dos plenos dos Consellos Reguladores da D.O Ribeira Sacra e da agricultura ecolóxica de Galicia.

Monforte na Onda 26/07/2017

Monforte na Onda 26/07/2017

Abrimos programa conversando con Miguel Pérez Dubois, director xeral de AGADER, sobre o proxecto que van poñer en marcha para aproveitar terreos agrarios abandonados que se poñerán a disposición de quen os queira traballar. Con Iván Patiño e Carlos Álvarez repasamos programa de actividade do Fancine de Lemos que empeza mañá e, entre outros asuntos, entrevistamos ao alcalde do concello de Sober coa última hora sobre a Feira da Rosca que este ano incorpora un "túnel do viño" adicado ao Amandi.

Monforte na Onda 24/07/2017

Monforte na Onda 24/07/2017

Abrimos programa entrevistando a Carlos Armesto, novo presiente da agrupación local do PP de O Saviñao. Conversamos cos promotores e voluntarios encargados do campamento organizado en Monforte para nen@s con necesidades especiais. Entre outros asuntos, falamos tamén co párroco Ramón Piñeiro Campos que celebra cincuenta anos de crego.

Monforte na Onda 21/07/2017

Monforte na Onda 21/07/2017

Repasamos a actualidade máis próxima e no programa de hoxe falamos da campaña de promoción do comercio local que ten en marcha o CCU conversando con promotores da mesma e da Asociación de comerciantes. Entre outros asuntos, entrevistamos ao novo entrenador do Club Lemos.

Monforte na Onda 20/07/2017

Monforte na Onda 20/07/2017

Falamos do Camiño de Inverno e da proba ciclista que se desenvolve no mesmo co director do evento e coa presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago pola Ribeira Sacra. Entrevistamos a voceira do PP que valora os informes feitos sobre Aqualia e coa voceira de Esperta Monforte que reclama o goberno local máis transparencia nas contratacións de persoal.

Monforte na Onda 19/07/2017

Monforte na Onda 19/07/2017

Abrimos programa falando da situación de Venezuela conversando con dous venezolanos residentes en Monforte. Repasamos actualidade monfortina co alcalde. Co secretario de acción sindical de CCOO buscamos a última hora sobre as negociacións que hai en marcha para evitar a folga de recollida de lixo. Entre outros asuntos falamos do incendio de Ribas de Sil e da campaña que Gadis achega hoxe a Monforte.