Monforte na Onda 05/09/2017

Monforte na Onda 05/09/2017

De turismo falamos hoxe co deputado responsable desta área da Deputación de Lugo. Coa xerente do Consorcio Turístico repasamos ocupación do mes de agosto. Falamos das vendimas na Ribeira Sacra co presidente do Consello Regulador. E repasamos programa das festas de Cadeiras e das de Sober co rexedor do concello soberino.

Monforte na Onda 04/09/2017

Monforte na Onda 04/09/2017

Abrimos programa escoitando a Dani de La Torre e á productora Emma Lustres que nos falan da rodaxe en Monforte de escenas para a nova película do director monfortino. Entre outros asuntos, entrevistamos a Vicente Vázquez de Cig-Saúde e tamén á quiroguesa Mónica Fernández "a mellor sumiller do mundo".

Monforte na Onda 01/09/2017

Monforte na Onda 01/09/2017

A presidenta provincial do PP defende a reforma da Lei de saúde de Galicia nun acto organizado hoxe en Monforte. Abrimos programa falando con ela. Co xerente do CCU de Monforte repasamos actividades que preparan para esta fin de semana. Conversamos coa alcaldesa de O Incio sobre a Feira de Artesanía e etnográfica que celebran o domingo e, entre outros asuntos, repasamos nova incorporación da zona á Guía Repsol, a do Restaurante Merenzao.

Monforte na Onda 31/08/2017

Monforte na Onda 31/08/2017

Abrimos programa cos organizadores do Festival do Paradiso que se celebra en Monforte este sàbado. Do Festival de Habaneras falamos coa concelleira de cultura. O investigador Felipe Aira repasa visitas que guiará este domingo polo casco vello e entre outros asuntos, coa educadora da UAD repasamos actividades que preparan para os próximos días.

Monforte na Onda 30/08/2017

Monforte na Onda 30/08/2017

O pleno celebrado en Monforte aprobou solicitar a retirada do anteproxecto de lei para reformar a Lei de saúde de Galicia. Escoitamos argumentos dos ediles que interviron na sesión. Entrevistamos ao alcalde de Monforte e tamén falamos de robótica coa enxeñeira monfortina Nuria Sánchez Lugilde.

Monforte na Onda 29/08/2017

Monforte na Onda 29/08/2017

Abrimos programa falando do novo disco da Banda Folk de Ribas de Sil co director, Roberto Castro. Sevillla acollerá en outubro actividades promocionais da Ribeira Sacra, Monforte e o Camiño de Inverno, cóntanolo a monfortina Sandra Rodriguez e entre outros asuntos conversamos tamén co presidente da Asociación deTaxistas de Monforte que empezaron este luns a usar taxímetros.

Monforte na Onda 28/08/2017

Monforte na Onda 28/08/2017

Abrimos programa conversando con Domingo Pérez sobre a exposición de reloxos que abriu no Centro do Viño. Cos adegueiros Pedro Rodríguez e Evaristo Rodríguez de Guímaro e Adegas Moure falamos das vendimas. Cóntanos como van as escavacións no Castro de Arxeriz o xerente do Ecomuseo, José Antonio Quiroga e co delegado da Xunta en Lugo, Xos'e Manuel Balseiro, falamos da reforma sanitaria.

Monforte na Onda 16/08/17

Monforte na Onda 16/08/17

A Xunta de Galicia amplia o prazo para presentar alegacións o anteproxecto de Lei de saúde de Galicia. Por este motivo, no Concello de Monforte de Lemos queda suspendido o pleno extraordinario e urxente que tiña previsto celebrar hoxe a corporación. Desto e doutros asuntos da actualidade local falamos co alcalde. No programa de hoxe conversamos tamén coa voceira de Esperta Monforte, Maribel García e con Paqui Vázquez, voceira de Pladesapu. Co alcalde de Pantón repasamos programa de festas de Ferreira e outras actividades municipais, e do alcalde soberino recollemos, entre outros asuntos, balance do Túnel do Viño e da Feira da Rosca. Entrevistamos tamén á atleta monfortina Saleta Fernández homenaxeada onte no Campo de A Pinguela.

Monforte na Onda 14/08/2017

Monforte na Onda 14/08/2017

Abrimos programa local conversando con Andrés Montes Pombo o líder de Gin Toni's que actúan esta noite nas Festas de Monforte. Do Festival Cómico Festivo falamos con Aitor Rei de Boneca Lareta. Antón Patiño preséntanos a súa última publicación "Libro dos lugares". Entre outros asuntos, entrevistamos ao secretario comarcal de UUAA, Mariano López Nieves, sindicato que denuncia os requerimentos fiscais xeneralizados que están a recibir gandeiros e agricultores galegos.

Monforte na Onda 04/08/2017

Monforte na Onda 04/08/2017

Abrimos programa falando do Filandón de Músicas do Courel. Repasamos actividades que preparan os veciños de Guntín con representación teatral incluida. Falamos tamén do novo número da revista Alicerces. Entre outros asuntos recollemos valoracións do anteproxecto de lei de sanidade que prepara o goberno galego, iniciativas de Agroma Sober relacionadas co descenso de caudal no río Sil e da mostra de artesanía que hoxe se inaugura en Monforte.