Monforte na Onda 20/09/2017

Monforte na Onda 20/09/2017

Convocada manifestación en Monforte en defensa do Hospital Comarcal e contra a reforma da Lei de Saúde. Hoxe nova concentración. Falamos desto coa voceira de Pladesapu. Co xerente do GDR Ribeira Sacra / Courel repasamos investimentos aprobados con cargo ao Plan Leader que xestiona este grupo e, entre outros asuntos, conversamos co traballador social de Afamón dos actos que preparan para conmemorar o Día Mundial do Alzheimer.

Monforte na Onda 19/09/2017

Monforte na Onda 19/09/2017

Este martes abrimos programa conversando con Maite Linares a dietista de Alcer Lugo que unha vez ao mes pasa consulta na clínica de hemodiálisis que en Monforte atende a persoas de toda a zona sur de Lugo con enfermidades renais. Facemos balance do Certame de pintura ó aire libre que se celebrou en Monforte con Arturo Ceide, Comisario do Certame, Michelín Rodriguez, membro do xurado e co gañador, Sergio González. Entre outros asuntos, entrevistamos tamén á xefa da oficina de Correos en Monforte que dende hoxe amplía plantilla e horario.

Monforte na Onda 18/09/2017

Monforte na Onda 18/09/2017

Abrimos programa con Beatriz Vila e Ana Sobrino facendo balance da actividade promocional da que participaron na Volta a España. Entrevistamos a Ramón Ares xerente da Eoxi de Lugo e, entre outros asuntos, con Candy Rodriguez falamos do couchin con cabalos.

Monforte na Onda 15/09/2017

Monforte na Onda 15/09/2017

Abrimos programa entrevistando a varios integrantes do grupo Teatreir@s. Con Pilar López, ex edil do BNG en Monforte, repasamos sentenza favorable ao concello en relación a reclamacións de Aqualia. A voceira de Pladesapu fai balance do acto que organizaron onte en defensa do Hospital Comarcal e oco tamén para a Volta a Galicia que nesta segunda etapa segue percorrendo terras deste sur de Lugo.

Monforte na Onda 14/09/2017

Monforte na Onda 14/09/2017

A Volta Ciclista a Galicia empeza hoxe en Monforte, falamos dela co presidente da Federación Galega de Ciclismo. Entrevistamos tamén neste día ao alcalde do concello de Monforte e entre outros asuntos, con representantes da Garda Civil repasamos acto de homenaxe ao finado Germán Macía.

Onda Cero Monforte 13/09/2017

Onda Cero Monforte 13/09/2017

Abrimos programa falando das xornadas de bio construción que se celebran en Monforte esta fin de semana. Tamén repasamos actividades que organiza Amafer para este venres. Con representantes de Pladesapu e da xunta de persoal do Hospital comarcal repasamos acto informativo que programan para mañá e da concentración que convocaron hoxe. Entre outros asuntos, repasamos programa do Festival "As Cores de Outono" que se celebra en A Pobra do Brollón o día 30 e que foi presentado hoxe.

Monforte na Onda 12/09/2017

Monforte na Onda 12/09/2017

Este sábado celébrase o III Certame de Pintura Rápida ó aire libre de Monforte de Lemos. Abrimos o programa de hoxe falando cun dos organizadores, o pintor Arturo Ceide. Entrevistamos á voceira do grupo municipal do PP de Monforte, Julia Rodríguez, que prepara reunións cos veciños dos barrios afectados polo Plan Especial do Casco Histórico. Con Alexandra Seara, xerente do Consorcio Turístico da Ribeira Sacra facemos balance da primeira semana do Viñobús e da campaña de voos en globo que veñen de rematar.

Monforte na Onda 08/09/2017

Monforte na Onda 08/09/2017

Falamos das romarías que hai en marcha e outras que se van celebrar na fin de semana como a de Auga Santas en Pantón. A deputada de En Marea Paula Vázquez repasa iniciativas que leva este grupo ao Parlamento pedindo cambios no plan de transportes por deixar sen servizo moita zona rural. Entre outros asuntos, falamos con Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo, da Volta Ciclista a Galicia que hoxe se presenta en Monforte.

Monforte na Onda 07/09/2017

Monforte na Onda 07/09/2017

Abrimos programa falando da Queima das Fachas que hoxe terá lugar en Castelo con Manuel Fidalgo, presidente da Asociación promotora desta Festa de Interese Turístico Galego. Tamén entrevistamos a Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, que este sábado presentará unha guía sobre as igrexas románicas da Ribeira Sacra que edita a Fundación Xosé Soto de Fión. E entre outros asuntos da actualidade máis próxima que repasamos neste día, buscamos tamén a última hora sobre o roubo cometido nunha xoiería de Monforte conversando co inspector xefe da comisaría monfortina Juan Mariñas.

Monforte na Onda 06/09/2017

Monforte na Onda 06/09/2017

Concentración diante do Hospital Comarcal de Monforte contra a reforma da Lei de Saúde de Galicia. Abrimos escoitando ao portavoz do Grupo Parlamentario Socialista e rematamos coas declaracións do resto dos representantes políticos participantes, En Marea e BNG. No programa de hoxe falamos da seca co presidente da Confederación Hidrográfica Miño - Sil Francisco Marín e co arqueólogo Xosé Gago repasamos visitas feitas este verán ao Castro de San Lourenzo.