Monforte na Onda 03/10/2017

Monforte na Onda 03/10/2017

Abrimos repasando actividades socio culturais que se van a realizar no concello de Pantón e da exposición que no citado concello inaugurou Gelín Fernández. Do que representará para o sector vitícola que se declare BIC a Ribeira Sacra falamos co presidente do CRDORS. E conversamos tamén co presidente do Consorcio e alcalde de Sober.

Monforte na Onda 02/10/2017

Monforte na Onda 02/10/2017

Abrimos programa conversando co director do IES A Pinguela que segue recollendo premios. Repasamos novos proxectos da ilustradora Estefanía Padullés. O xerente da Asociación Prodeme fálanos de novidosas iniciativas que van a poñer en marcha. Entre outros asuntos, coa presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago pola Ribeira Sacra falamos da segunda andaina escolar que preparan para este mércores.

Monforte na Onda 26/09/2017

Monforte na Onda 26/09/2017

Abrimos programa conversando co investigador José Luis Sobrado sobre a importancia do sector vitícola na Ribeira Sacra xa desde o medievo. Entrevistamos ao alcalde de Monforte e repasamos intervencións do pleno de onte en relación á reforma sanitaria.

Monforte na Onda 29/09/2017

Monforte na Onda 29/09/2017

Abrimos programa falando do convenio que asina a Escola de Deseño Industrial de Ferrol con Calzados Losal. Repasamos como foi o verán para o Tren Abba Sacra. Entre outros asuntos, conversamos con veciños de Pantón que preparan homenaxe a Dn Angel Veiga González.

Monforte na Onda 28/09/2017

Monforte na Onda 28/09/2017

Abrimos falando da nova temporada da Sociedade Filarmónica de Monforte e do campionato de brigde que hoxe empeza, con Antonio Prado e Julia Fernández, respectivamente. Entrevistamos ao delegado do SUP na Comisaria Monfortina, Serafin Calvo. Repasamos novas do Concello de Pantón co alcalde, José Luis Álvarez. Coa deputada de En Marea, Paula Vázquez Verao, coñecemos iniciativas que presentan reclamando modificacións no Plan de Transportes da Xunta.

Monforte na Onda 27/09/2017

Monforte na Onda 27/09/2017

Abrimos programa co grupo de peregrinos madrileños que empezan hoxe en Monforte o Camiño de Inverno. Recollemos a preocupación da Asociación A Boca do Monte polo futuro do túnel romano de Montefurado. Repasamos actividades do Festival As Cores do Outono que o sábado celebran en A Pobra do Brollón. Buscamos a última hora sobre a concentración que de novo hoxe se celebrou no Hospital Comarcal e conversamos cun representante de Quixós para coñecer a última hora do Campionato Mundial de Aguas Bravas que se celebra en Francia con presenza de deportistas monfortinos.

Monforte na Onda 26/09/2017

Monforte na Onda 26/09/2017

Abrimos programa conversando co investigador José Luis Sobrado sobre a importancia do sector vitícola na Ribeira Sacra xa dende o medievo. Entrevistamos ao alcalde de Monforte e repasamos intervencións do pleno de onte en relación á reforma sanitaria.

Monforte na Onda 25/09/2017

Monforte na Onda 25/09/2017

Abrimos programa falando da posta en valor dos esgrafiados da Ribeira Sacra e outras iniciativas do Consorcio Turístico. Entrevistamos á voceira do PP de Monforte, o único grupo que hoxe defende no pleno a reforma da Lei de Saúde de Galicia. Entre outros asuntos, facemos balance das Xornadas de Xeoloxía celebradas esta fin de semana co xerente dun dos grupos organizadores.

Monforte na Onda 22/09/2017

Monforte na Onda 22/09/2017

Abrimos programa entrevistando a "moteiros" que participan dun encontro convocado esta fin de semana na Ribeira Sacra. Falamos dos trámites que inicia a Xunta para declarar esta zona BIC. Facemos balance do primeiro ano de funcionamento da unidade de hospitalización a domicilio co médico que coordina o servizo. Entre outros asuntos, conversamos co alcalde de Quiroga que recepcionou hoxe novo material para o Museo Xeolóxico.

Monforte na Onda 21/09/2017

Monforte na Onda 21/09/2017

Abrimos e despedimos programa de hoxe de romaría. Conversando con xente que participa en Monforte, na parroquia de A Parte, da tradicional festa do San Mateo. Repasamos cos membros dos Xoglares de Lemos actividades que preparan para os próximos meses e, entre outros asuntos, co profesor Miguel Rodríguez Bugarín, falamos das melloras ferroviarias que Adif vai levar a cabo na liña Monforte - Lugo.