Monforte na Onda 19/10/2017

Monforte na Onda 19/10/2017

Hoxe en Monforte na Onda ofrecémoslles un programa protagonizado por mulleres. Marisa Sobrino, da Asociación Contra o Cancro de Mama de Lugo, fálanos desta doenza. Mónica Carballo da Biblioteca Pública do Saviñao e do Colectivo Lemos Le, lémbranos as actividades coas que conmemoran o Día das Bibliotecas: Fina Calleja, actriz de Sarabela Teatro, ilustraranos sobre a obra que podemos ver hoxe no Edificio Multiusos de Monforte e ademais, continuaremos regalando entradas a quen nos chame ó 982 41 82 43. Pechamos programa falando con Ana González, oftalmóloga de Pantón que viaxará a Senegal para tratar a persoas sen recursos.

Monforte na Onda 18/10/2017

Monforte na Onda 18/10/2017

Abrimos programa falando co escritor chantadino Xosé Lois García que vén de presentar a súa última obra "O Proceso a Lucía Fidalgo", e con Alexandra Seara, xerente do Consorcio de Turismo, que nos achegará datos sobre a ocupación hoteleira na ponte do Pilar e o funcionamento das Rutas do Románico. Outro dos nosos convidados será o alcalde do Concello de Pantón, José Luis Álvarez, con quen falamos do arranxo de miradoiros e dos accesos a viñedos. Entre outros asuntos, regalaremos entradas para a representación teatral deste xoves en Monforte.

Monforte na Onda 17/10/2017

Monforte na Onda 17/10/2017

En Monforte na Onda falamos con Marina Doutón, concelleira de Igualdade, sobre a xornada formativa adicada ó emprendemento para a muller no mundo rural, e con Candy Rodríguez, participante nestas xornadas. Visitaranos o alcalde de Monforte, José Tomé, co que abordaremos diversos asuntos da actualidade municipal e conversaremos co subdelegado de Defensa en Lugo, coronel Carlos Boado, sobre a exposición fotográfica inaugurada onte na casa da cultura Poeta Lois Pereiro.

Monforte na Onda 13/10/2017

Monforte na Onda 13/10/2017

Presentado en Sober o primeiro espumoso que se elabora na Ribeira Sacra, falamos del coa enóloga Cristina Murga e co alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, que apadriñou a presentación. Entrevistamos á voceira do BNG en Pantón, Rosana Prieto, que anuncia mocións en todolos concellos da zona para evitar que os catamaráns deixen de funcionar o día 29. Entre outros asuntos, co xerente do GDR Ribeira Sacra, Martin Alemparte, buscamos balance da visita cultural que veñen de realizar.

Monforte na Onda 11/10/2017

Monforte na Onda 11/10/2017

Abrimos programa falando coa presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Inverno que parte cun grupo para Sevilla onde promocionarán esta ruta Xacobea. Repasamos actividade municipal conversando co alcalde de Monforte. Entre outros asuntos, falamos coa coordinadora cultural de Afundación da exposición de fotografías de Ruth Matilda Anderson que hoxe inauguran en Monforte.

Monforte na Onda 10/10/2017

Monforte na Onda 10/10/2017

Abrimos programa falando cos axentes José Luis Rodríguez e Raúl Quintano e de novas actividades que teñen en marcha en lembranza de Germán Macía. Repasamos coa xerente do Consorcio Turístico, Alexandra Seara, actividades que programan para este outono. Falamos de maquetismo ferroviario con Juan José Sánchez que organiza do 13 o 15 unha Feira no Muferga. Entre outros asuntos, conversamos con Javier González, animador socio cultural de Pantón, que recollen gafas con fins solidarios que repasa no programa.

Monforte na Onda 09/10/2017

Monforte na Onda 09/10/2017

Empezamos e rematamos hoxe programa falando da manifestación que onte se celebrou en Monforte en defensa do Hospital Comarcal asunto que repasamos coa voceira da Plataforma convocante e tamén co xerente do centro hospitalario. Entre outros asuntos tamén entrevistamos ao presidente da Federación de Cofradías Gastronómicas de visita pola Ribeira Sacra.

Monforte na Onda 06/10/2017

Monforte na Onda 06/10/2017

O goberno local de Monforte ordena o peche de dous establecementos de hostalería da rúa Duquesa de Alba. É un dos asuntos dos que falamos no programa de hoxe que abrimos entrevistando ao director do proxecto arqueolóxico do castro de San Lourenzo que se presenta hoxe en Monforte, e o alcalde do concello no que está ubicado o de A Pobra do Brollón. Entre outros asuntos, buscamos a última hora sobre a manifestación do domingo en defensa do hospital comarcal conversando coa voceira da Plataforma.

Monforte na Onda 05/10/2017

Monforte na Onda 05/10/2017

Abrimos programa repasando actividades socioculturais que se preparan en Bóveda. Entrevistamos á directora de Albores que anticipa actos do Día Mundial da Saùde Mental. Conversamos tamén co autor da guía que hoxe se presenta en Monforte sobre a Ribeira Sacra e, entre outros asuntos, coñecemos actividades do Centro de Inmersión Lingüística de Os Peares.

Monforte na Onda 04/10/2017

Monforte na Onda 04/10/2017

A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago pola Ribeira Sacra organizou para este mércores a II andaina polo Camiño de Inverno entre o Concello de Pantón e o de O Saviñao. Onda Cero Monforte sumouse a iniciativa cun programa especial en directo dende o fin de etapa, no Ecomuseo de Arxeriz. Conversamos cos escolares, profesores e organizadores desta actividade que pretende poñer en valor o Camiño como recurso educativo.