Monforte na Onda 06/11/2017

Monforte na Onda 06/11/2017

Alumnos do Colexio Ferroviario sementan herba no monte de Chavaga, unha experiencia da que falamos con representantes da ANPA e cun dos nenos que participaron da experiencia. Repasamos actividade do CCU conversando co xerente. Co director do IES A Pinguela e con alumnos do mesmo falamos do premio que lle entregaron o sábado en Santiago. Rematamos repasando outros asuntos da actualidade máis próxima que tamén son noticia este día.

Monforte na Onda 03/11/2017

Monforte na Onda 03/11/2017

Abrimos o programa conversando co cantautor Emilio Rúa pregoeiro da Festa da Castaña do Caurel. Entrevistamos a Verónica Contreras, directora deportiva do Club Voleibol Ribeira Sacra. Con Juan Bautista Vázquez Fouces, presidente de Os Lactouros repasamos programa das Xornada Micolóxicas que están organizando para a próxima semana. Rematamos co repaso informativo aos asuntos da actualidade máis próxima.

Monforte na Onda 02/11/2017

Monforte na Onda 02/11/2017

Abrimos programa conversando co xerente do GDR Ribeira Sacra / Courel das Xornadas que preparan para esta fin de semana coa Sociedade Xeolóxica. Con Ibán Gómez repasamos o programa do Festival Castañazo Rock. Falamos con Severino Rodríguez da Fundación Semente que pon en marcha o IV concurso de proxectos empresariais. Co alcalde de A Pobra do Brollón falamos das notificacións do IBI pendentes e, entre outros asuntos, entrevistamos á presidenta do C.F. Monforte que onte celebrou festa de presentación de equipos e temporada.

Monforte na Onda 31/10/2017

Monforte na Onda 31/10/2017

Abrimos falando de concursos fotográficos un que rematou, o da Rede Ribeira Sacra, e outro aínda aberto, o de Albores. Repasamos festas de Samaín como a que teñen organizada esta tarde en Escairón ou a que celebrarán no Ceip Monforte. Co presidente da Sociedade Filarmónica repasamos actividade que teñen programada para hoxe e buscamos a última hora da Festa da Castaña do Courel conversando coa alcaldesa do citado concello.

Monforte na Onda 30/10/2017

Monforte na Onda 30/10/2017

Entrevistamos ao deputado de O Saviñao, José Antonio Quiroga, novo secretario de organización do PSdeG. Antes, Miguel Angel Pino fálanos dunha curiosa actividade extra escolar que teñen en marcha no Colexio Ferroviario e Paqui Abeledos da nova temporada do grupo Teatreiras. Entre outros asuntos, no programa de hoxe falamos tamén da rastrexabilidade no viño con Antonio Troitiño do Servizo de Industrias e Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural.

Monforte na Onda 26/10/2017

Monforte na Onda 26/10/2017

Este xoves Carmen Penim en Monforte co espectáculo Herdeiras. Hoxe conversamos con ela para que nos adiante que veremos. Tamén conversamos coa presidenta da Coral de Renfe que preparan concerto para este sábado ás 20H na Sociedade A Fraternal cunha coral de Teo e a de Coruxo. Entre outros asuntos, abrimos entrevistando á voceira do PP de Monforte que pediu a Paradores que colabore na limpeza da muralla.

Monforte na Onda 25/10/2017

Monforte na Onda 25/10/2017

Abrimos programa entrevistando ao secretario xeral de Galiza Nova que teñen organizada para esta tarde en Monforte unha charla coloquio sobre os incendios forestais. Conversamos co presidente do comité de empresa dos parques comarcais de bombeiros Lugo-Sur de folga indefinida dende o pasado día 20. Co director de Evega repasamos programa e obxetivos da xornada técnica que celebran mañá en Monforte e con persoal do Consello Regulador da D.O Ribeira Sacra buscamos a última hora da delegación de prescriptores holandeses que visitan estes días esta zona a procura de viños que poidan introducir no seu mercado.

Monforte na Onda 24/10/2017

Monforte na Onda 24/10/2017

Abrimos programa falando de premios que recibe o Balneario de Pantón. Repasamos co rexedor local de Monforte o pleno celebrado a última hora de onte. Entre outros asuntos, co rexedor soberino repasamos temas de actualidade no citado concello.

Monforte na Onda 23/10/2017

Monforte na Onda 23/10/2017

Hoxe coñecemos as valoracións dos orzamentos da Xunta de Galicia que fan a deputada Julia Rodríguez (PP) e o deputado José Antonio Quiroga (PSOE). Tamén recolleremos as impresións sobre as contas do Goberno Galego do alcalde do Concello de Monforte de Lemos, José Tomé, e da deputada do BNG, Olalla Rodil, así como o das voceiras e voceiros dos grupos da oposición no Concello de Monforte de Lemos, que tamén nos falarán das mocións que presentan na sesión plenaria que se celebra hoxe. Á marxe da política, o comisario Juan Mariñas infórmanos sobre cambios na cita previa para renovar o DNI e o pasaporte.

Monforte na Onda 20/10/2017

Monforte na Onda 20/10/2017

Comezamos Monforte na Onda falando coa voceira do grupo de concelleiros non adscritos, Pilar López, sobre a empresa Aqualia e os contenciosos que tiña contra o Concello de Monforte de Lemos. Coñecemos algo máis do libro “Os nomes do terror. Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron”, que hoxe se presenta no Centro do Viño en Monforte. Conversamos con un dos seus autores, Xosé Ramón Ermida. Iremos ata as terras de Pantón para coñecer diversas actividades lúdicas e culturais das que nos fala Javier González, técnico de cultura. Entre outros asuntos repasamos novas relacionadas coa Deputación de Lugo.