Monforte na Onda 20/11/2017

Monforte na Onda 20/11/2017

A xunta de goberno local encarga un informe sobre os cortes no suministro de auga e acorda novas sancións a establecementos de hostalería por incumplir horarios de peche, falamos desto co alcalde de Monforte, José Tomé Roca. Entrevistamos a Xosé Manuel López Santos, homenaxeado o sábado en Sober e entre outros asuntos, falamos tamén da Mostra de Cine que hoxe empeza en Monforte co presidente do Cine Club A Calexa.

Monforte na Onda 17/11/2017

Monforte na Onda 17/11/2017

Seguimos en Monforte con problemas no suministro de auga. Da última hora falamos co alcalde deste concello. Coa directora xeral de gandaría, agricultura e industrias agroalimentarias e co presidente do CRDORS falamos dos certificados ENAC que hoxe se entregan ao propio Consello e ás adegas desta Denominación. Falamos tamén co inspector xefe da comisaría de policia da operación que levaron acabo contra o narcotráfico.

Monforte na Onda 16/11/2017

Monforte na Onda 16/11/2017

Milleiros de persoas sen auga en Monforte por roturas continuadas dende o martes abrimos programa repasando a situación. Co alcalde de Sober coñecemos as alegacións que presentan ao informe emitido polo Instituto Geográfico Nacional sobre as lindes do polígono de O Reboredo. O Presidente da Audiencia Provincial adiántanos temas que abordará na conferencia que hoxe pronuncia en Monforte sobre os productos bancarios tóxicos. A sicóloga María Isabel Torres fala de intelixencia emocional e entrevistamos a Fernando Pallares, adestrador de baile deportivo que nos acompaña con Fina Díaz, unha das alumnas.

Monforte na Onda 15/11/2017

Monforte na Onda 15/11/2017

Repasamos proxectos nos que traballan as comunidades de montes do concello de Sober conversando con representantes dalgunha delas. Repasamos concursos e outras actividades que preparan no concello de A Pobra do Brollón. Falamos de novas propostas de Amafer e do mercado de outono que prepara o concello de Monforte. Entre outros asuntos que marcan a actualidade máis próxima e que repasamos tamén neste espazo.

Monforte na Onda 14/11/2017

Monforte na Onda 14/11/2017

Falamos no programa de hoxe de seguros para o sector vitícola. Dun curso de apicultura que empeza este xoves en Sober. Do servizo de uroloxía do Hospital Comarcal de Monforte e da posta en valor dos esgrafiados na Ribeira Sacra. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima.

Monforte na Onda 13/11/2017

Monforte na Onda 13/11/2017

Abrimos programa conversando con Cheché Real, presidente de Apehl, do curso de enoturismo que empeza hoxe no Pazo de Tor. Falamos dunha campaña publicitaria que se roda na Ribeira Sacra e no Muferga para unha multinacional iberoamericana con Gaspar Broullón de Ollovivo Producións. Das aceitunas da comarca de Quiroga e de estudos sobre as mesmas falamos co productor Julio Quiroga e entre outros asuntos da actualidade máis próxima, co voceiro da Asociación de Veciños de O Saviñao repasamos propostas que presentan ao goberno local para loitar contra os lumes.

Monforte na Onda 10/11/2017

Monforte na Onda 10/11/2017

Abrimos programa falando co secretario comarcal de UUAA dos motivos polos que convocan manifestación para o día 18. Repasamos actividade do concello de Pantón conversando co alcalde. Entrevistamos ao presidente do GDR Ribeira Sacra - Caurel e entre outros asuntos da actualidade máis próxima falamos tamén das lindes do polígono de Monforte.

Monforte na Onda 09/11/2017

Monforte na Onda 09/11/2017

Abrimos programa con Sabela Hermida actriz que da vida á protagonista da obra que hoxe representa en Monforte Teatro Proscrito. Entrevistamos a Rosana Prieto Florines, voceira do BNG no Concello de Pantón e tamén a Marta Villén coordinadora da Ruta do Viño da Ribeira Sacra. E repasamos outros asuntos da actualidade máis próxima.

Monforte na Onda 08/11/2017

Monforte na Onda 08/11/2017

Falamos coa directora xeral de turismo que presenta hoxe en Monforte novo material promocional do Camiño de Inverno. Conversamos tamén coa presidenta da Asociación de Amigos desta ruta que participará da citada presentación. O presidente do Consorcio fai balance da promoción turística da Ribeira Sacra feita en MasterChef. E entre outros asuntos, conversamos co secretario de ensino de CCOO que hoxe visita colexios da zona.

Monforte na Onda 07/11/2017

Monforte na Onda 07/11/2017

Abrimos conversando coa xerente do Consorcio Turístico sobre o programa de MasterChef gravado na Ribeira Sacra que se emite hoxe. Conversamos co micólogo que hoxe participa das xornadas de Os Lactouros. Entrevistamos ao alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e á deputada de En Marea Paula Vázquez. E Mónica Álvarez de Cogami, explica os motivos das concentracións que organizaron neste día en diversas cidades, entre elas Monforte.