Monforte na Onda 04/12/2017

Monforte na Onda 04/12/2017

Seguimos coñecendo proxectos do Coworking. Hoxe falamos dun glamping que abrirá no verán en Doade e dunha empresa que fabrica pezas para que montemos en casa casas en miniatura. Repasamos novas iniciativas da Asociación Prodeme e, entre outros asuntos, conversamos co ex presidente da Xunta Fernando González Laxe, hoxe conferenciante en Monforte, e coa deputada Paula Vázquez Verao que renunciou a súa acta de concelleira en Sober.

Monforte na Onda 01/12/2017

Monforte na Onda 01/12/2017

Presentada a Candidatura das Montañas do Courel para que sexan declaradas Xeoparque Mundial da Unesco. Cóntanolo o xerente do GDR Ribeira Sacra Courel. Con representantes da comunidade educativa do Colexio dos Escolapios e de Cáritas falamos do Belén vivente que preparan para o día 18 e da recollida de xoguetes e alimentos que teñen en marcha. Coa educadora da Unidade Asistencial de Drogodependencias lembramos que se celebra o Día Mundial do VIH e abrimos falando do Salón de Eventos que se vai celebrar esta fin de semana en Monforte coas organizadoras da actividade.

Monforte na Onda 30/11/2017

Monforte na Onda 30/11/2017

Trinta anos de malos tratos contados nun libro que a propia autora presenta hoxe en Monforte. Abrimos programa falando con ela. Conversamos tamén coa deputada da área de cultura da Deputación Provincial de Lugo que participa no Museo de Tor nun acto de recepción de novo material para este museo. Entre outros asuntos falamos do Coworking que onte rematou en Monforte e cóntanos a súa experiencia unha das emprendedoras participantes.

Monforte na Onda 29/11/2017

Monforte na Onda 29/11/2017

Abrimos programa falando do novo disco de Los Árboles con Alejandro González, un dos integrantes do grupo. Buscamos a última hora da concentración celebrada hoxe no Hospital Comarcal conversando con Vicente Vázquez, da xunta de persoal. Falamos da 2ª edición do Coworking de Monforte que hoxe se clausura co director desta actividade, Alfonso Martínez e a restauradora Carola Sánchez conta como vai a campaña de recuperación de esgrafiados na Ribeira Sacra e actividade que preparan para este sábado en A Pobra do Brollón.

Monforte na Onda 28/11/2017

Monforte na Onda 28/11/2017

A Asociación Camiño de Inverno completa peregrinación por esta ruta e prepara novas actividades que repasamos coa presidenta da citada asociación. Falamos da campaña de recollida de alimentos que se vai desenvolver en decembro co coordinador do Banco de Alimentos desta zona sur. Co alcalde do concello de Monforte repasamos asuntos do pleno celebrado onte. E coñecemos algo máis dun libro que sobre a Ribeira Sacra será presentado esta tarde no Museo do Pobo Galego.

Monforte na Onda 27/11/2017

Monforte na Onda 27/11/2017

Abrimos programa conversando cunha das promotoras dunha nova asociación que nace para promover a igualdade de xénero. Coa voceira dos ediles non adscritos do concello de Monforte falamos do pacto que reclaman para acometer obras de mellora na rede de abastecemento. Entre outros asuntos, repasamos premios da Cata Patrimonio Ribeira Sacra conversando cos promotores deste evento.

Monforte na Onda 24/11/2017

Monforte na Onda 24/11/2017

Este venres programa especial desde o Centro do Viño onde se celebra a IV Cata Concurso Patrimonio Ribeira Sacra. Conversamos cos organizadores do evento, con membros do panel de cata, con adegueiros, coa directora técnica do CRDORS, co profesor de servizos da Escola de Hostalería de Rosende e tamén co Conselleiro Francisco Conde a quen preguntamos, entre outras cousas, sobre o que representa o sector vitícola na economía galega.

Monforte na Onda 23/11/2017

Monforte na Onda 23/11/2017

No programa de hoxe falamos dun novo premio para o Ecomuseo de Arxeriz. Do lume que a última hora de onte se rexistrou en Pantón. Da festa que prepara para o sábado a Asociación de Veciños de A Florida. Do plan de continxencia fronte á gripe posto en marcha no Hospital Comarcal e rematamos co resumo de outros asuntos da actualidade máis próxima.

Monforte na Onda 22/11/2017

Monforte na Onda 22/11/2017

Abrimos falando do seminario que sobre turismo celebra en Monforte o Eixo Atlántico co secretario desta asociación Xoán Vázquez Mao e o deputado de turismo da Deputación de Lugo, Eduardo Vidal. Xúlio Lago, de Teatro do Atlántico, fálanos da obra de teatro que representan este xoves no multiusos. De ciberacoso conversamos con María Soriano que dirixe obradoiros sobre o tema que se imparten a escolares monfortinos. Buscamos a última hora sobre a concentración celebrada esta mañá no Hospital Comarcal conversando con Vicente Vázquez de CIG - Saúde e sobre os accesos ao Porto Seco e as previsión da Xunta para os mesmos, cóntanos a última hora a deputada do PP Julia Rodríguez.

Monforte na Onda 21/11/2017

Monforte na Onda 21/11/2017

Abrimos programa conversando coa concelleira responsable da área da muller do concello de Monforte para repasar os actos organizados para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Repasamos historia do Colexio dos Escolapios que conmemoran os 400 anos da fundación desta Orde e, entre outros asuntos, co alcalde de Pantón falamos da Asociación de Concellos do Camiño de Inverno constituida na tarde de onte.