Monforte na Onda 20/12/2017

Monforte na Onda 20/12/2017

Falamos de viño no programa de hoxe con Luis Paadín e Paloma Rodriguez. Repasamos actividades do CCU de Monforte co xerente Angel Folgueira. Entre outros asuntos, recollemos queixas da Asocición Veciñal de O Saviñao polos cortes no suministro eléctrico que padecen en varias parroquias.

Monforte na Onda 19/12/2017

Monforte na Onda 19/12/2017

Programa especial dende o Balneario Oca de Pantón. Repasamos a oferta deste establecemento con Santiago Villanueva, director do mesmo e co director médico Antonio Freire. Conversamos con clientes, co animador das actividades, Segundo Villar e co coordenador do Campo de Golf Manuel López. En representación do concello de Pantón tamén nos acompaña o concelleiro Roberto Eireos.

Monforte na Onda 18/12/2017

Monforte na Onda 18/12/2017

Abrimos programa coa última hora do Colexio dos Escolapios que organiza para esta tarde un Belén con máis de 600 participantes. Conversamos co sindicalista Mario Docasar que denuncia impagos aos traballadores das empresas que realizan a limpeza dos edificios públicos de Monforte. Pilar López voceira dos ediles non adscritos explica por qué votarán encontra dos presupostos do concello monfortino no pleno de hoxe. Entre outros asuntos, conversamos tamén coa voceira de Pladesapu Monforte que se suma á manifestación que en defensa da Sanidade Pública están preparando as plataformas sanitarias para o mes de febreiro.

Monforte na Onda 15/12/2017

Monforte na Onda 15/12/2017

Abrimos falando de toponimia galega co filólogo Vicente Feijoo que esta tarde estará nun acto en Sober. Conversamos tamén co Deputado Luis Bará que esta tarde presenta en Monforte o seu libro "Non des a esquecemento". Entre outros asuntos da actualidade máis próxima que repasamos neste día falamos tamén de Festivais Solidarios como o que se celebra este sábado en Salcedo no que participará Kepa Junquera.

Monforte na Onda 14/12/2017

Monforte na Onda 14/12/2017

Abrimos falando das Naufragolimpiadas que empezan o luns en Monforte. Sobre a cerámica que se vai atopando no Castro de Cereixa hai organizada para mañá unha charla da que hoxe temos un adianto co especialista que se encargará de impartila. Entrevistamos á voceira de Esperta Monforte e entre outros asuntos falamos tamén do Mercado de Nadal que se prepara na Praza para esta fin de semana.

Monforte na Onda 13/12/2017

Monforte na Onda 13/12/2017

Abrimos programa conversando coa pianista de ascendencia monfortina Aida Saco que actua o sábado en Monforte. Con Elisa Sapia directora de Albores falamos da exposición que inauguran este venres. A enóloga Cristina Murga fálanos dos primeiros espumosos que elabora en Ribeira Sacra que presenta este venres en Sober e na recta final do programa conversamos con Joaquín González, alcalde do concello de O Saviñao.

Monforte na Onda 12/12/2017

Monforte na Onda 12/12/2017

Abrimos cos premios do concurso de Tapas do Concello de A Pobra do Brollón e outras actividades que alí teñen programadas para os próximos días. Entre outros asuntos, repasamos tamén as actividades de Nadal que se organizan nos concellos de Pantón, Sober e O Incio.

Monforte na Onda 11/12/2017

Monforte na Onda 11/12/2017

Abrimos programa conversando coa directora do Colexio Torre de Lemos que teñen moitas actividades programadas para estes días previos ao Nadal. Falamos cos arqueólogos que traballan no Castro de San Lourenzo en Cereixa. Con José María Vega repasamos palmarés monfortino no Campionato de España de Taekwondo. Entre outros asuntos da actualidade máis próxima, ocupámonos tamén dos orzamentos do concello de Monforte.

Monforte na Onda 07/12/2017

Monforte na Onda 07/12/2017

Abrimos programa co profesor Xurxo Ayán coa última hora sobre a exhumación que hoxe se leva a cabo no Casto de San Lourenzo. O adegueiro Pedro Rodríguez cóntanos como lle foi na cata na que participou en Nova York. Co xerente do Centro do viño falamos do Túnel do Viño que preparan para mañá cos premiados na Cata Patrimonio Ribeira Sacra. A xerente do Consorcio Turístico repasa ocupación desta ponte. Falamos do concurso de Catos de Taberna do sábado en A Pobra do Brollón co concelleiro de cultura do citado concello e a presidenta da Asociación do Camiño de Inverno preséntanos unha nova publicación sobre esta ruta. Rematamos co resumo informativo de outros asuntos da actualidade máis próxima.

Monforte na Onda 05/12/2017

Monforte na Onda 05/12/2017

Abrimos falando dun acto solidario que se organiza para Auxilia esta tarde no Balneario de Pantón. Co sindicalista Mario Docasar repasamos datos do paro e outras novas relacionadas con este sindicato. Conversamos co xerente do CCU Angel Folgueira, tamén coa concelleira monfortina Pilar López e repasamos debilidades e fortalezas da candidatura a Xeoparque Mundial da Unesco das Montañas do Courel con Asier Hilarión e Manu Monje membros da directiva da Comisión de Patrimonio Xeolóxico da Sociedade Xeolóxica de España.