susana pedereira

Onda Cero Pontevedra

09/12/2020 15:42

Más de Uno Pontevedra 09/12/2020

Abrimos o programa coa actualidade do día e buscando a previsión metereolóxica para as vindeiras horas. Conversamos coa concelleira de Festas de Marín, Marián Sanmartín, e temos cita con Raquel Pedrouso para falar de intelixencia emocional. Ademais, como cada mércores coa voz de Carmen Quinteiro botamos "o peche": unha pequena historia escondida entre as páxinas dun libro.

Onda Cero Pontevedra

10/10/2017 14:36

Pontevedra en la Onda (10-10-2017)

Analizamos a actualidade da xornada e buscamos a predicción do tempo nesta semana marcada de novo pola sequía en Pontevedra. Abrimos tempo de almorzo informativo desde a cafetería MOI BO co portavoz do PP municipal, Jacobo Moreira, como convidado. Ademais, como cada martes, ampliamos as nosas bibliotecas particulares con novas recomendacións CRONOPIOS.

Onda Cero Pontevedra

16/11/2016 14:33

Pontevedra en la Onda (16-11-2016)

Os novos orzamentos da Deputación, o enfrontamento entre alcaldes do PP e a presidenta Carmela Silva, ou o pasamento de Fran Pérez Narf son as cuestións de actualidade que centran a nosa atención na primeira parte do programa. No tempo da entrevista falamos de teatro coa actriz Mónica Castro, unha das protagonistas de "Get Back", a obra que EME2 pon en escea este xoves no Principal dentro do ciclo PONTEATRO. Como cada mércores conéctámonos co CAMPUS e ademais temos sesión coach con Raquel Pedrouso.

Onda Cero Pontevedra

14/11/2016 14:51

Onda Cero Pontevedra

14/11/2016 14:51

Pontevedra en la Onda (14-11-2016)

A semana comeza con xunta de goberno local e a despedida do subdelegado do Goberno, Antonio Coello, cuestións que repasamos no inicio do programa ademais de buscar a información metereolóxica. No tempo da entrevsita falamos do Día Mundial da Diabete adentrándonos nun comedor escolar. A información deportiva chega da man de Rubén Rey e , como cada luns, escoitamos a mellor música nunha nova edición de "Cántamo... en galego!"

Onda Cero Pontevedra

29/06/2016 15:22

Pontevedra en la Onda (29-06-2016)

A actualidade local e a predicción do tempo centran a nosa atención na primeira parte do programa. A partir de aí visitamos o Museo provincial para adentrarnos na nova exposición "Meu Pontevedra" con Castelao como gran e único protagonista. Conversamos no tempo da entrevista co delegado territorial da Xunta, Jose Manuel Cores Tourís, e ímonos de festival! O "Atlantic Fest" chega esta fin de semana á Illa de Arousa

Onda Cero Pontevedra

13/05/2016 14:30

Pontevedra en la Onda (13-05-2016)

Como cada venres repasamos a actualidade da xornada e recompilamos as principais cuestións que nos deixa a semana, e tamén os venres somos o altavoz da irreverente DINA MITA. Ademais, buscamos a predicción metereolóxica e marcamos unha completa AXENDA cultural, de ocio e festiva para desfrutar da fin de semana. Hoxe estreamos un novo formato para sumarnos ao programa de Normalización Lingüística "Maio, mes da lingua": co escritor Manuel Núñez Singala conversamos desde a Praza da Verdura na primeira edición da nosa proposta "Unha praza, un libro"