Temas

susana pedereira

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (03-02-2016)

Comezamos o programa analizando a actualidade da xornada e centrados na polémica polos insultos dun concelleiro do PP de Moraña á presidenta da Deputación de Pontevedra. No tempo da entrevista conversamos co presidente da Ruta do Viño Rías Baixas, Juan Gil de Araujo, no seu 20 aniversario. Como cada mércores conectámonos co CAMPUS para coñecer as novidades da semana. E hoxe coñecemos a un novo colectivo social que traballa no noso entorno: a Asociación TDAH Salnés.

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (01-02-2016)

Comezamos a semana con ENCE e o anteproxecto da Lei de Acuicultura de novo centrando a actualidade, cuestións que analizamos no inicio do programa. No tempo da entrevista estaremos entre micros e libros con Juan Tallón, o escritor e xornalista preséntanos "Find e poema". Como cada luns repasamos a fin de semana deportiva con Rubén Rey e poñemos ritmo ao luns cunha nova edición de "Cántamo... en galego!"

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (08-01-2016)

Repasamos a actualidade do día e da semana marcada polo primeiro temporal do inverno cun regueiro de incidencias na provincia.. Con Javier Arnau abrimos a primeira edición de ENREDADOS deste 2016, seguindo as pegadas de Star Wars polo mundo. Como cada venres escoitamos á irreverente Dina Mita coa súa particular ollada sobre a actualidade, e marcamos unha completa AXENDA cultural e de ocio.

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (05-01-2015)

A "Operación Dulce" contra o narcotráfico en Galicia, cun dos epicentros en Barro, e as cabalgatas de reis centran a nosa atención ao longo do programa. Buscamos a predicción metereolóxica con especial interese para esta tarde noite de "visita real", e comezamos a configurar a nosa biblioteca para este 2016 coas recomendacións Cronopios de Mercedes Corbillón