Temas

Rural Influencers

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (28-06-2019)

Comezamos o programa repasando a actualidade máis turística e facendo unha viaxe express ata o Bosque de Colón de Poio. Viaxamos ata Nova York co editor e escritor, Francisco Castro.Volvemos conceder protagonismo ao rural coa fotoxornalista Alba Sotelo que esta semana se fusiona coa "Cuchipanda" de Polo Correo do Vento. Rematamos o programa en Santa Cruz de Oleiros inaugurando o novo "Noa Boutique Hotel"

#Ruralinfluencers

Vivimos unha #RuralCuchipanda con Alba Sotelo e Polo Correo do Vento

Rematamos a temporada fusionando dúas das seccións que máis nos fan viaxar por Galicia: "Rural Influencers" coa fotoxornalista Alba Sotelo, e "Cuchipandas" con Carlos Taboada e Quique Mauricio de "Polo Correo do Vento". O resultado deste experimento podes volver escoitalo neste podcast.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (14-06-2019)

Comezamos o programa repasamos a actualidade máis turística e facendo unha viaxe express ata o Arde Lucus de Lugo. No tempo da entrevista convidamos a Patricia Santos para coñecer o seu proxecto "North West of Spain" desde Vilagarcía de Arousa para o mundo. Volvemos conceder protagonismo ao rural coa fotoxornalista Alba Sotelo que nos leva ata o Concello de Melón. Rematamos o programa co cociñeiro Pepe Solla para organizar as nosas axendas e non perdernos unha nova edición do festival Portamérica en Caldas de Reis.

#Ruralinfluencers

Melón e as súas pozas para vivir como auténticos rural influencers con Alba Sotelo

A fotoxornalista Alba Sotelo lévanos da man polo rural galego para descubrir a Galicia máis auténtica. Despois de percorrer Bueu e Allariz, nesta terceira entrega seguimos coñecendo a provincia de Ourense porque visitamos o Concello de Melón co bo humor dunha auténtica "rural influencer". Neste podcast podes volver escoitar a nova viaxe rural.

ONDA CERO GALICIA

Gente Viajera de Galicia (24-05-2019)

Comezamos o programa repasamos a actualidade máis turística e facendo unha viaxe express ata o Festival de Cans. No tempo da entrevista convidamos ao ornitólogo Antonio Sandoval e concedemos protagonismo ao rural coa fotoxornalista Alba Sotelo. Rematamos o programa de ruta con Pablo Conde desde Volta Montana: as Sisargas son hoxe as protagonistas.

#RuralInfluencers

Vivimos Allariz como auténticos rural influencers con Alba Sotelo.

A fotoxornalista Alba Sotelo lévanos da man polas parroquias galegas para descubrir a Galicia máis auténtica. Despois de percorrer Bueu, cambiamos de provincia para ubicarnos na fermosa vila de Allariz e vivir a "Festa do boi" co bo humor dunha auténtica "rural influencer". Neste podcast podes volver escoitar esta nova viaxe rural.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (10-05-2019)

Comezamos o programa repasamos a actualidade máis turística e facendo unha viaxe express pola Compostela de Antonio Fraguas. No tempo da entrevista convidamos ao novo director do Museo de Pontevedra, Jose Manuel Rey. Estreamos sección coa fotoxornalista Alba Sotelo, unha auténtica "rural influencer" que vai propoñernos unha viaxe diferente polas parroquias galegas. O noso destino final é Bilbao da man da viceconsejera de Turismo do Goberno Vasco, Isabel Muela.

#RuralInfluencers

Alba Sotelo lévanos de viaxe pola Galicia dos rural influencers

A familia viaxeira medra coa incorporación da fotoxornalista Alba Sotelo, unha muller amante do rural que nos vai levar da man polas parroquias galegas para descubrir a Galicia máis auténtica. O primeiro dos destinos é Bueu coas súas seis parroquias cheas de vida, de festas, tradicións e veciños que se coidan entre si. Neste podcast podes volver escoitar a primeira viaxe rural.