Temas

Rodeiro

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (16-11-2018)

Viaxamos esta semana en compañía de Carmen Delia Díaz buscando plans para desfrutar cos máis cativos grazas ao seu blog "Escapalandia". Percorremos as rúas de Compostela cun novo número da revista PINCHA e facemos turismo mancomunado visitando as TERRAS DE PONTEVEDRA. Ademais, como cada venres de novembro, rematamos a viaxe na comarca do DEZA: Rodeiro e as súas xornadas da caza son hoxe o destino final.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (26-05-2017)

Último venres do mes que celebramos coa visita de Polo Correo do Vento para irnos de "cuchipanda" por Galicia con Carlos Taboada e Quique Mauricio. No tempo da entrevista viaxamos por Europa coa cantante e actriz galega, Cora Sayers, e as súas "road managers". Repasamos a actualidade da semana e propoñemos unha viaxe express a Rodeiro para tapear e desfrutar da natureza

Onda Cero Lalín-Entrevista o alcalde de Rodeiro

Pontevedra en la Onda (03-11-2016)

Neste inicio de programa conversamos co alcalde de Rodeiro, Luís López Diéguez; para coñecer todas as novas do seu concello.

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (03-11-2016)

Repasamos a actualidade da xornada cos últimos datos de desemprego sobre a mesa e conversamos co alcalde de Rodeiro, Luís López, na primeira parte do programa. Recibimos a visita da nosa xerontóloga de cabeceira e directora dos centros SARAIVA, Lucía Saborido, para falar de accesibilidade e de apoios para a autonomía co asesoramento de Luisa Miranda desde COGAMI. Como cada xoves buscamos CALIDADE pola provincia e coñecemos o grupo de consumo responsable A GRADICELA

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (08/07/15)

A situación do sector lácteo na comarca do Deza centra a nosa atención ao longo do programa. A RÚA RESPONDE sobre a programación das festas de verán en Pontevedra. Conversamos co director de cine Ignacio Vilar que comezou en Sabucedo a rodaxe do seu novo filme Sicixia. Percorremos as nosas praias buscando a predicción do tempo e re-estreamos a nosa sección de verán "De festa en festa" para ir organizando as nosas axendas.