Radio en Pontevedra

Onda Cero Pontevedra

22/12/2022 14:47

Más de Uno Pontevedra 22/12/2022

Abrimos o programa despois do sorteo da Lotería de Nadal repasando os premios repartidos nas nosas comarcas. Falamos de viticultura coas adegas do Consello Regulador da DO Rías Baixas. Ademais, como cada xoves, recibimos a visita de Rodrigo Cota e completamos o programa tomando a última antes de marchar coa poeta e editora estradense Antía Otero.

Onda Cero Pontevedra

21/12/2022 14:12

Más de Uno Pontevedra 21/12/2022

Abrimos o programa coa actualidade da xornada e buscando a información do tempo. Visitamos o Concello de Barro para coñecer a programación de Nadal que inauguran este xoves no Pazo da Crega. Ademais, completamos o programa con Iria Figueroa no espazo que dedicamos á orientación emocional.

"Noticias de Pontevedra" con Juan de Sola

Á espera de que pasen a disposición xudicial os 13 detidos nunha nova operación contra o narcotráfico. Está previsto que se produza este xoves. A maxistrada do Xulgado de Instrución número 1 de Vigo decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza para os tres detidos en Tenerife que transportaban 3.300 quilos de cocaína a Galicia. En total, a operación da garda civil se salda con 16 arrestos por delito contra a saude pública.

Xa están na casa os catro jovenes estradenses que se viron atrapados na revoltas de Perú. E no pleno provincial aprobouse a cesión do Convento de Santa Clara do concello de Pontevedra á Deputación Provincial.

Onda Cero Pontevedra

20/12/2022 14:40

Más de Uno Pontevedra 20/12/2022

Abrimos o programa coa actualidade da xornada e buscando a previsión metereolóxica para as vindeiras horas. Como cada martes volvemos ao Hotel Rías Bajas co almorzo informativo semanal, hoxe o noso convidado é ò concelleiro de Promoción Económica e Urbanismo de Poio, Gregorio Agís. Completamos o programa co espazo Cronopios e as mellores recomendacións de Mercedes Corbillón.

"Noticias de Pontevedra" con Juan de Sola

Nova operación contra o narcotráfico. A Garda Civil leva a cabo, desde primeira hora a mañá de hoxe martes, preto dunha decena de rexistros nas provincias de Pontevedra e de Ourense no marco dunha operación contra unha rede organizado de tráfico de droga. Mentres, en Vilagarcia e na comarca do Salnés toca facer balance de danos do último temporal de auga e vento. E, en Pontevedra, o concello acaba de renovar a ordenanza do taxi para poder avanzar no proxecto de 'Coche de Punto', un servizo de transporte a demanda que estará en servizo en 2023.

Eventos gastronómicos y culturales

25/11/2022 16:30

Primera edición de “Soutono” en Soutomaior

Noelia Ocampo, concejala de Cultura, invita a disfrutar de una cita, en el último fin de semana de noviembre, de una feria gastronómica de productos locales, con degustaciones y showcokings, entre otras actividades.

Presidente del PP en Pontevedra

22/11/2022 14:35

Rafa Domínguez: "Duele la falta de respaldo del gobierno a la propuesta de la inmersión lingüisitica"

El líder de los populares lamenta los votos del BNG y PSdeG, en el pleno de Pontevedra, contra la propuesta de que estudiantes de 13 y 14 años pudiesen aprender inglés en el extranjero, tal y como ya se realiza en el concello de Vigo. Avanzó que, si llega a la alcaldía, en 2024 habrá dos cursos, en lugar de uno, que viajarán a Inglaterra para compensar esta situación.

Más de Uno Pontevedra

31/10/2022 14:32

Este 31 de outubro volve a Marín o "Samaín Briz"

Conversamos coa concelleira de Festas de Marín, Marián Sanmartín, sobre a programación do "Samaín Briz" que celebran esta tarde do 31 de outubro. A Finca de Briz convértese no parque temático de Samaín máis grande de toda Galicia.

Onda Cero Pontevedra

31/10/2022 14:14

Onda Cero Pontevedra

31/10/2022 14:14

Más de Uno Pontevedra 31/10/2022

Programa de actualidade de Pontevedra e comarca. Con Susana Pedreira.