Onda Cero Pontevedra

Más de Uno Pontevedra 20/12/2022

Abrimos o programa coa actualidade da xornada e buscando a previsión metereolóxica para as vindeiras horas. Como cada martes volvemos ao Hotel Rías Bajas co almorzo informativo semanal, hoxe o noso convidado é ò concelleiro de Promoción Económica e Urbanismo de Poio, Gregorio Agís. Completamos o programa co espazo Cronopios e as mellores recomendacións de Mercedes Corbillón.

"Noticias de Pontevedra" con Juan de Sola

Nova operación contra o narcotráfico. A Garda Civil leva a cabo, desde primeira hora a mañá de hoxe martes, preto dunha decena de rexistros nas provincias de Pontevedra e de Ourense no marco dunha operación contra unha rede organizado de tráfico de droga. Mentres, en Vilagarcia e na comarca do Salnés toca facer balance de danos do último temporal de auga e vento. E, en Pontevedra, o concello acaba de renovar a ordenanza do taxi para poder avanzar no proxecto de 'Coche de Punto', un servizo de transporte a demanda que estará en servizo en 2023.

Redacción

Pontevedra | 20.12.2022 14:40