Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar, recoger datos estadísticos y mostrarle publicidad relevante. Si continúa navegando, está aceptando su uso. Puede obtener más información o cambiar la configuración en política de cookies.

Disfruta de la app de Onda Cero en tu móvil.

Temas

Pontevedra

  • Estudio Pontevedra 2

    Onda Cero Pontevedra

    Más de Uno Pontevedra (15-01-2020)

    Comezamos o programa coa actualidade do día e buscando a predicción metereolóxica. No tempo da entrevista falamos de receitas de toda a vida con Ricardo Fernández, profesor no Carlos Oroza, e Carmen Alcaraz, xornalista e gastrónoma. Como cada mércores, sometemos ao noso cuestionario persoal aos políticos pontevedreses: Guillermo Meijón, deputado do PSOE no Congreso dos Deputados, é hoxe a convidada. Completamos o programa coa visita de Raquel Pedrouso.

  • Miguel Anxo Fernández Lores - Alcalde de Pontevedra

    Onda Cero Pontevedra

    Más de Uno Pontevedra (14-01-2020)

    Comezamos o programa coa actualidade desta xornada de martes e buscando a predicción metereolóxica para as vindeiras horas. Abrimos almorzo informativo co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores. Ademais, como cada semana, ampliamos as nosas bibliotecas particulares coas mellores recomendacións Cronopios.

  • Estudio Pontevedra

    Onda Cero Pontevedra

    Más de Uno Pontevedra (13-01-2020)

    Comezamos o programa repasando a actualidade deste luns e buscando a previsión do tempo. No tempo da entrevista falamos cos organizadores do festival Portamérica sobre a xornada de reforestación que organizan o vindeiro sábado en Caldas de Reis. Como cada inicio de semana, falamos de deporte e motor con Rubén Rey e Abel Millán. Ademais, completamos o programa cunha nova edición de "Cántamo... en galego!".

  • A Banda da Loba en Más de Uno Pontevedra

    Novidades musicais

    Cántamo en Galego con Ruxe Ruxe e A banda da Loba

    Comezamos a semana buscando ritmo coas mellores novidades musicais en galego. Este luns escoitamos o novo de "Ruxe Ruxe" e entrevistamos a Xiana Lastra, voz do quinteto "A banda a Loba". Neste podcast podes volver escoitar a sección musical dos luns con Susana Pedreira en "Más de Uno Pontevedra".

  • Estudio Pontevedra 2

    Onda Cero Pontevedra

    Más de Uno Pontevedra (10-01-2020)

    Comezamos o programa repasando a actualidade do día e desta semana de xaneiro que hoxe despedimos marcada pola investidura de Pedro Sánchez e as valoracións a nivel local. Visítanos a mestra e escritora Carmen Quinteiro nunha nova edición de "Venres de conto", e marcamos unha completa axenda cultural e de ocio para desfrutar da fin de semana. Ademais, a banda sonora ao final do programa corre a cargo do pontevedrés, Javier Lago.