Concello Ribadavia
23/11/2021 09:29
Posibilidade de implantar un póligono agroforestal no Concello de Ribadávia
O conselleiro do Medio Rural e a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural mantiveron un encontro coa rexedora desta localidade ourensá. Na reunión, tratáronse as vantaxes de impulsar unha ampla superficie de terreo destinada a viñedo, co fin de ampliar a produción da Denominación de Orixe Ribeiro.










