Benassi, en La Voz de Galicia, fala de Concello mentiroso
15/05/2025 14:41
Gonzalo Castro: "O Deportivo monta este circo o día que se comunican os eventos do 25 aniversario do título de Liga, apoiados polo Concello a colectivos deportivistas"
Massimo Benassi declina dar a sua versión a Onda Cero. Di Benassi en La Voz de Galicia que non van seguir aceptando mentiras do goberno local e responde Gonzalo Castro, concelleiro, que o Deportivo está facendo unha cortina de fume con Riazor e o concerto de El Último de la Fila, porque o Concello apoia a diferentes colectivos nos actos do 25 aniversario do título de Liga, mentres que do clube non se sabe cómo vai celebrar esta importante efeméride.