Temas

Delegado de la Xunta en Pontevedra

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (10-07-2019)

Abrimos o programa coa actualidade do día, escoitando o que a rúa responde e buscando a información metereolóxica. No tempo da entrevista conversamos co delegado da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís e recibimos a visita da nosa coach de cabeceira, Raquel Pedrouso. Completamos o programa coas "Enfermeiras eventuais en loita" que esta semana estrean unha nova acción reivindicativa: "12 meses, 12 loitas".

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (17-04-2019)

O inicio do programa trae a actualidade do día e a visita ao Concello de Meis para cumprir co noso reto de abril: "20 días, 20 destinos de primavera". Abrimos tempo de entrevista co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís e buscamos a predicción metereolóxica para as vindeiras xornadas festivas. Entre dúas augas estamos con Rena Ortega e, para completar o programa, presentamos o novo "espazo Quimera" que nace esta fin de semana na cidade

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (26-12-2018)

O inicio do programa trae a actualidade do día e conversas de Nadal. No tempo da entrevista convidamos ao delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís. Ademais, rematamos o programa "entre dúas augas" con Rena Ortega e cunha axenda cultural e de ocio para desfrutar desta recta final do ano

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda 23-03-2016

Comezamos o programa repasando a actualidade desta xornada pre-Semana Santa: cambios en Barcelos, minutos de silenzo polos atentados de Bruxelas e información do tempo para os vindeiros días festivos. No tempo da entrevista conversamos co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís. Temos sesión coa nosa coach de cabeceira, Raquel Pedrouso, para falar da "gamificación" como ferramenta para mellorar as nosas habilidades sociais. E poñemos banda sonora á recta final do programa coa visita do grupo pontevedrés THE SOUL BREAKERS

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda 10-02-2016

Xornada de festivo local na cidade de Pontevedra con ENCE centrando o debate no Parlamento de Galicia, ata alí nos imos para escoitar a Feijoo, Jorquera e Lores. No tempo da entrevista conversamos co delegado territorial da Xunta, Jose Manuel Cores Tourís. Temos cita coa nosa coach, Raquel Pedrouso, para falar esta semana da "empatía". E recuperamos a sección musical "Cántamo... en galego!" que tiñamos pendente esta semana

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda 29-09-2015

A "batalla dos lombos" en Pontevedra centra a nosa atención no inicio do programa en torno á primeira asemblea veciñal que hoxe organiza o goberno local en Monteporreiro e as críticas do PP que asistirá a ese encontro a pesar de non estar convidados formalmente. No tempo do almorzo informativo conversamos co delegado da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís. Recibimos a visita de Mercedes Corbillón con novas recomendacións cronopios, e recuperamos a sección musical "Cántamo... en galego!" que onte luns non puidemos emitir

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda 12-08-2015

A manifestación da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo en Lalín centra hoxe a nosa atención no inicio de programa. A Rúa Responde sobre a afección ao fútbol e a outros deportes que temos na nosa cidade. No tempo da entrevista conversamos co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Core Tourís. Tamén nos visita a directora de marketing de Martín Códax, María Garrido, para disfrutar dunha nova sesión musical desde a terraza da bodega. Percorremos as praias buscando a predicción metereolóxica. E marcamos a nosa particular axenda festiva dos mércores de verán para recompilar todos os eventos dos vindeiros días ao longo da provincia.