Temas

Carmela Silva

Máis de Un Pontevedra

"Negar a violencia e a discriminación machista é vivir na cegueira dos privilexios"

"A única forza que importa é a que constrúe, é a verdadeiramente poderosa. É lenta, non ten data para finalizar a construción pero non dubida de que é útil. Non avanza á velocidade que o seu traballo merece porque no camiño ten que explicar demasiado a quen non entende, pero non importa, non se detén. Non nos detemos, aquí estamos un 8M máis explicando o obvio, cansas pero fortes. Se dalgo saben as mulleres que nos trouxeron ata aquí ás demais é de tirar para adiante a pesar do cansazo de cargar coa vida enteira ao lombo. Que vivimos nun mundo violento e discriminatorio, marcado por roles e desigualdades que empeoran a vida de todas e todos, é unha obviedade, non é unha opinión. Non admite discusión. Ser negacionista da violencia neste mundo en guerra invalida calquera discurso. Ser negacionista da violencia machista, o mesmo. Negar que este mundo discrimina por sexo, xénero, raza, poder adquisitivo, formación, físico, capacidades e diversidades, é non vivir neste mundo, ou peor... vivir nel desde a cegueira dos privilexios". Así comezou hoxe Susana Pedreira o programa local de Onda Cero Pontevedra con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 15/02/2023

Abrimos o programa coa actualidade da xornada neste 15 de febreiro no que se cumpre un ano do naufraxio do Villa de PItanxo. Ademais, abrimos tempo de entrevista coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e descontamos os días para o entroido coñecendo a programación de Vilagarcía de Arousa. Completamos o programa con Iria Figueroa no espazo que dedicamos á orientación emocional.

Onda Cero Provincia de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra presenta en Fitur “Orixe Rías Baixas. Un ano e mil ocasións para celebrar a provincia de Pontevedra”

Luis Cerdeira conversa ca presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. A presidenta desvela alguns detalles coma que estará presente á artista multidisciplinar Julia de Castro. Ambas darán o tiro de saída á campaña “Orixe Rías Baixas” cunha espectacular posta en escena, con vídeos, música e moitas sorpresas, na que as tradicións e a artesanía terán un papel moi relevante. Durante o acto estarán presentes alcaldes e alcaldesas da provincia e entregarase un agasallo boutique coas citas imprescindibles para desfrutar de toda a autenticidade de Rías Baixas.