Máis de Un Pontevedra

"Negar a violencia e a discriminación machista é vivir na cegueira dos privilexios"

"A única forza que importa é a que constrúe, é a verdadeiramente poderosa. É lenta, non ten data para finalizar a construción pero non dubida de que é útil. Non avanza á velocidade que o seu traballo merece porque no camiño ten que explicar demasiado a quen non entende, pero non importa, non se detén. Non nos detemos, aquí estamos un 8M máis explicando o obvio, cansas pero fortes. Se dalgo saben as mulleres que nos trouxeron ata aquí ás demais é de tirar para adiante a pesar do cansazo de cargar coa vida enteira ao lombo. Que vivimos nun mundo violento e discriminatorio, marcado por roles e desigualdades que empeoran a vida de todas e todos, é unha obviedade, non é unha opinión. Non admite discusión. Ser negacionista da violencia neste mundo en guerra invalida calquera discurso. Ser negacionista da violencia machista, o mesmo. Negar que este mundo discrimina por sexo, xénero, raza, poder adquisitivo, formación, físico, capacidades e diversidades, é non vivir neste mundo, ou peor... vivir nel desde a cegueira dos privilexios". Así comezou hoxe Susana Pedreira o programa local de Onda Cero Pontevedra con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

Redacción

Pontevedra | 08.03.2023 14:15

Resumimos os acto institucional da Deputación de Pontevedra escoitando a todas as voces protagonistas capitaneadas pola nosa compañeira Carmen Quinteiro. Ademais, estreamos espazo semanal para poñer en valor o traballo das mulleres loitadoras das prazas e mercados de abastos da nosa provincia. Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a primeira parte do programa, centrada no 8-M, con Susana Pedreira en "Máis de Un Pontevedra".