Temas

Baia Fernández

A última e marchamos

Baia Fernández: adestrando a risa para conseguir o equilibrio

Cada xoves tomamos a última e marchamos con persoas que nos falan dos seus proxectos. Unha conversación coloquial e distendida á marxe da actualidade diaria. A protagonista da última de hoxe é Baia Fernández, adestradora emocional e da risa. Neste podcast podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira en "Más de Uno Pontevedra".

Onda Cero Pontevedra

Más de Uno Pontevedra (08-10-2020)

Abrimos o programa coa actualidade da xornada e conversando coa xerente de EMGROBES, María Gómez. Buscamos a previsión metereolóxica para as vindeiras horas e abrimos tempo de entrevista para falar do espectáculo "Tabú" coa guionista e dramaturga Carmen Conde. Falamos da situación do sector cultural coa pontevedresa Pilar Portela, presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural. Ademais, hoxe tomamos a última e marchamos cunha adestradora emocional e da risa: Baia Fernández.

Onda Cero Pontevedra

Más de Uno Pontevedra (23-04-2020)

Comezamos o programa entre libros para celebrar a través da radio este 23 de abril coas librerías pechadas. Ademais, concedemos protagonismo ao sector da viticultura da man do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas e conversamos coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. Buscamos a previsión metereolóxica e abrimos tempo de entrevista con Baia Fernández, entrenadora emocional e da risa. Durante todo o programa facemos posible que catro escriores asinen os seus libros a través da radio.