Ourense Cidade
13/10/2023 14:01
O BNG solicita unha reunión para abordar as obras de entrada na cidade do AVE
O paso a nivel de Peliquín e as eivas do proxecto da nova estación intermodal son, para a formación nacionalista, “da suficiente entidade como para que todas as partes implicadas sentemos, avaliamos e corrixamos un proxecto que vai transformar a cidade”. Desde o BNG sinalan que “do que fagamos agora depende o futuro de Ourense “.









