Cidade de Pontevedra

Construcciones Ramírez recolle nun libro a historia da rehabilitación integral do IES Valle-Inclán

A obra inclúe unha investigación xornalística sobre a historia do emblemático edificio, unha explicación detallada do proxecto arquitectónico e unha extensa reportaxe fotográfica.

Susana Pedreira

Pontevedra |

Numerosos políticos y personalidades de la sociedad al finalizar el acto
Construcciones Ramírez recolle nun libro a historia da rehabilitación integral do IES Valle-Inclán | Agencia Rima Comunicación

Construcciones Ramírez presentou un libro moi especial que recolle a historia e o proceso de rehabilitación integral do IES Valle-Inclán de Pontevedra, o emblemático edificio que iniciou a súa construción en 1903 e que este curso estreou a súa reforma máis ambiciosa.

O acto tivo lugar no paraninfo do centro educativo e contou coas intervencións, de Rafael López Torre, xornalista e redactor da historia do inmoble; Alfredo Díaz Grande, arquitecto do proxecto de rehabilitación; Arturo Ramírez, construtor e editor da publicación, e Román Rodríguez, conselleiro de Educación.

Rafael López Torre relata na obra a historia do emblemático inmoble. Recolle, por exemplo, que a primeira pedra colocouse no ano 1905, que ata a inauguración do novo instituto polo rei Alfonso XIII pasaron nada menos que 23 anos (inaugurouse oficialmente o 27 de setembro de 1927), que Augusto González Besada foi o político que máis traballou en favor da construción, ou que o propio Alfonso XIII declarou despois de percorrer as instalacións que era “un dos mellores centros de España”.

A intensa investigación de López Torre remóntase ata 1845, cando se creou o Instituto Público Provincial de Segunda Ensinanza de Pontevedra, berce do actual IES Valle-Inclán, no antigo convento dos pais xesuítas, anexo á igrexa de San Bartolomeu, na rúa Sarmiento. No acto de hoxe, declarou, “o meu texto entronca a construción do edificio co devir da cidade e tamén retrata ás personalidades máis importantes que propiciaron o proxecto, tanto o papel dos políticos, como o traballo dos técnicos”.

O arquitecto pontevedrés Alfredo Díaz Grande, encargado da rehabilitación actual do edificio, mostra no libro a memoria técnica do proxecto, así como unhas lembranzas persoais dos seus anos como estudante neste instituto. Quixo recuperar a esencia orixinal do centro respectando o patrimonio e adaptando os diferentes espazos as necesidades actuais.

Client Challenge

O publicación, editada por Construcciones Ramírez, conta ademais cunha extensa reportaxe fotográfica sobre as obras de rehabilitación integral, executadas por Construcciones Ramírez dende xullo de 2023 ata abril de 2025. Entre outras accións, recuperouse a imaxe orixinal do edificio, realizouse unha mellora estrutural, substituíronse instalacións, adaptouse o inmoble á normativa de accesibilidade e modernizáronse as aulas.