Programa "100% pontevedrés"

Pontevedra presenta un programa de Nadal que comeza co acendido de luces o 5 de decembro

O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, destaca o deseño dun programa con identidade propia, compartido, descentralizado e aberto

Susana Pedreira

Pontevedra |

Programa "100% pontevedrés"
Pontevedra presenta un programa de Nadal que comeza co acendido de luces o 5 de decembro | Concello de Pontevedra

O obxectivo é facer da cidade un lugar fermoso, elegante e acolledor para celebrar as festas máis entrañables do ano. Tal e como é habitual, o programa de Nadal dará comezo o día 5 de decembro na praza do Concello co acendido da iluminación. Este acto inaugural contará con "algunha que outra sorpresa”, polo que se anima a toda a veciñanza a achegarse até este espazo para gozar dun intre especial e familiar. Editáronse un total de 30.000 programas, dos cales 27.000 serán repartidos nas casas, e 3.000 estarán dispoñibles para os veciños na Oficina de Turismo municipal.

O alcalde salientou que o programa é "100% pontevedrés", caracterizándose por ser accesible, con identidade propia, compartido, descentralizado e aberto; xa que a maioría das actividades son de balde. Conta ademais coa colaboración e o traballo de numerosas empresas, artistas, asociacións e persoas da Boa Vila. Lores destacou tres novidades principais respecto a anos anteriores:

1. O 9 de decembro terá lugar unha actuación de ballet O Quebranoces no Pazo da Cultura.

2. Por primeira vez en moitos anos, a recepción dos Reis Magos realizarase no salón de plenos.

3. O 30 de decembro, haberá unha actividade de balde no Teatro Principal coa actuación dos Bolechas.

Client Challenge

Doutra banda, as citas clásicas e os espazos habituais, coas súas atraccións, manteranse, incluíndo a pista de xeo en Montero Ríos, o poboado de Nadal na Ferraría, as actividades descentralizadas nos locais sociais e a cabalgata de Reis. Destacouse a celebración da San Silvestre o 31 de decembro, que é unha das carreiras máis participadas de toda Galiza. Este ano, a San Silvestre sairá de novo desde Montero Ríos. Ademais, está xa activo o programa "Envolve" co obxectivo de que ningunha crianza de Pontevedra quede sen agasallo. Por último, Lores fixo un chamamento para celebrar un Nadal "responsábel", instando a todos os pontevedreses a ter en conta o comercio local de proximidade para realizar as súas compras e agasallos nos establecementos da cidade do Lérez.