Verín, o mellor entroido de Galicia

Verín recibe o premio o “Mellor entroido de Galicia” da man de GADIS

Verín foi o Concello gañador do acción promocional promovida por GADISA "O meu entroido é o mellor", resultando premiado con 30.000 € grazas aos votos dos seus fieis seguidores.

Onda Cero Ourense

Ourense | 13.01.2020 19:11

Verín, o mellor entroido de Galicia para Gadis
Verín, o mellor entroido de Galicia para Gadis | Foto Concello de Verín

En representación de Gadisa entregaban o premio Melisa Pagliaro, Directora de Marketing e Antonio Cortés, Director de RSC, mentres que pola parte do Concello de Verín recibían o primeiro premio o alcalde, Gerardo Seoane; Diego Lourenzo, tenente de alcalde, e Emilia Somoza, concelleira Educación, Cultura e Festexos.

Desde o Concello de Verín quixeron agradecer a Gadis a importante labor realizada con esta nova acción promocional en termos de visibilización e promoción dos Entroido Galegos, así como a implicación de todas as persoas que votaron o de Verín como o mellor Entroido de Galicia.

Os resultados finais da votación foron os seguintes:

Concello de Verín: 13.993

Concello de Foz: 11.587

Concello de Xinzo de Limia: 468