Os veciños da rúa Valle Inclán afectados pola apertura da discoteca Desorden denuncian a “deplorable acción municipal” diante dos reiterados incumprimentos acústicos da sala.
Falan nun comunicado da gravísima contaminación acústica que padecen sin que, ata o de agora, o Concello obligara a medida correctora algunha.
Lembran que os propios informes municipais falan de incumplimento grave da normativa vixente en materia de control de emisión sonora, pero un mes despois do mesmo non foron impostas as imprescindibles medidas correctoras.
Por elo consideran que esto constitúe unha clara deixación de función por parte do goberno local e esixen a presentación dun estudo acústico.

